Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

CÉDULA do 27 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 30 de novembro de 2011, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-123/11, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que se menciona no anexo, a resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña ditada no expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non se efectuar o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 27 de decembro de 2011.

Manuel Varela Rey
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-123/11.

Denunciado: Fernando Ríos Pazos.

NIF: 33299832-H.

Establecemento: café bar Gabanna.

Enderezo: rúa República Argentina, 26.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 69 a) 1.º e 2.º da Lei 14/2008.

Resolución: 30 de novembro de 2011.

Sanción: multa de cento cincuenta euros (150 euros).