Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2600

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir as prazas resultantes da oferta de emprego público correspondente ao ano 2011 mediante concurso de méritos:

1 praza de policía portuario/a–Grupo III, banda II, nivel 2.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 5 (cinco) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo (praza da Estrela, 1, Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, éste finalizaría no seguinte día hábil.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo