Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2638

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tradución e Paratradución.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tradución y Paratradución

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativos

54

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Metodoloxías da Investigación en Tradución e Interpretación

6

Optativo

A: Tradutoloxía

Antropoloxía da Tradución e Interpretación

6

Optativo

Crítica da Tradución e Paratradución

6

Optativo

Literatura, Paratradución e Negociación Cultural

6

Optativo

Memoria, Mestizaxe e Migración

6

Optativo

Tradución Intersemiótica

6

Optativo

Tecnoloxías e Ferramentas Lingüísticas para a Investigación en Tradución e Interpretación

6

Optativo

B: Tradución e Interpretación

Terminoloxía en Tradución e Interpretación: Ferramentas e Estratexias

6

Optativo

Textos e Discursos Especializados: Liñas de Investigación

6

Optativo

Investigación Empírica en Interpretación Social e de Conferencia

6

Optativo

Prácticas

6

Optativo

Estudos de Xénero sobre Tradución e Interpretación

6

Optativo

C: Tradución e Paratradución

Filosofía e Historia da Tradución e Paratradución

6

Optativo

Tradución e Edición

6

Optativo

Tradución para a Pantalla e Publicidade

6

Optativo

Prácticas

6

Optativo

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Tradución e Paratradución o alumnado deberá superar:

– 30 ECTS a escoller entre os ofertados do módulo A.

– 24 ECTS dos módulos B ou C: un mínimo de 18 ECTS dun módulo e un máximo de 6 ECTS de outro.

– 6 ECTS do traballo Fin de Máster.