Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2794

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se actualizan as tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do venres 30 de decembro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 40919, no primeiro inciso do punto 1.a).ii, onde di: «Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 3,40 euros por fracción de 15 minutos», debe dicir: «Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 3,47 euros por fracción de 15 minutos».