Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada do gasto, do contrato suxeito a regulación harmonizada do servizo para a creatividade, deseño e plan de medios da campaña publicitaria de dez produtos cabeceira da marca turística Galicia, Gárdasme o Segredo (2 lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 57.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo para a creatividade, deseño e plan de medios da campaña publicitaria de dez produtos cabeceira da marca turística Galicia, Gárdasme o Segredo (2 lotes).

Lote 1: creatividade.

Lote 2: plan de medios.

c) Prazo de execución: nove (9) meses, respectando as datas do calendario sinalado no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 847.457,63 €.

IVE (18%): 152.542,37 €.

Importe total: 1.000.000 €, IVE incluído.

Lote 1: 80.000 €, IVE incluído (s/IVE 67.796,61 € + IVE (18%) 12.203,39 €).

Lote 2: 920.000 €, IVE incluído (s/IVE 779.661,02 € + IVE (18%) 140.338,98 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17100

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 19.00 horas do 15 de febreiro de 2012.

b) Documentación necesaria: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781-Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de anticipación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo