Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado no polígono industrial do Corgo (expediente IN627A 2011/8-0).

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Repsol Butano, S.A.

Contido da solicitude

Autorización administrativa

Tipo de instalación

Rede de distribución de GLP

Denominación do proxecto

Proxecto de estación de almacenamento e distribución de GLP para o polígono industrial do Corgo (Lugo)

Núcleo de poboación da rede

Polígono industrial do Corgo (Lugo)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

Outras empresas distribuidoras de GLP poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Repsol Butano, S.A.

A empresa Repsol Butano, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, despois da súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 9 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas