Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 118/2011 no expediente de reposición da legalidade número IU2/133/2009.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 118/2011, interposto por Villa Rosa Baiona, S.L., contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha carpa para uso hostaleiro e a construción dun soto para servizos hostaleiros, no lugar de Chan de Xugo, Fontes 32 en Bahíña, concello de Baiona, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Banco de Galicia para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística