Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3906

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012 pola que se corrixen os erros que foron advertidos na Resolución do 7 de decembro de 2011 pola que se convocan probas selectivas, polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre, para a provisión dunha praza de arquitecto-xefe do servizo vacante no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña.

Unha vez advertidos uns erros na base 2.1.c) da Resolución do 7 de decembro de 2011 pola que se convocan probas selectivas, polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre, para a provisión dunha praza de arquitecto-xefe do servizo, vacante no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña (BOE do 28.12.2011 e DOG do 21.12.2011), esta reitoría, segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica os devanditos erros do xeito que se indica:

Onde di: «c) Estar en posesión do título de doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou equivalente segundo a normativa vixente, ou en condicións de o obter na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de que a persoa aspirante posúa unha titulación académica estranxeira para poder participar no proceso selectivo, deberá ter homologado previamente o título, de acordo co previsto na lexislación española», debe dicir: «c) Estar en posesión do título de arquitecto/a, ou en condicións de o obter na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de que a persoa aspirante posúa unha titulación académica estranxeira para poder participar no proceso selectivo, deberá ter homologado previamente o título, de acordo co previsto na lexislación española».

Esta corrección supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña