Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 3974

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Debido á necesaria provisión de vinte e sete prazas vacantes de técnicos especialistas de laboratorio, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos, esta reitoría, no uso das competencias que se lle atribúen no artigo 20 da Lei orgánica de universidades, así como nos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar probas selectivas para cubrir vinte e sete prazas de técnicos especialistas de laboratorio (grupo III), das que vinte e tres se convocan polo sistema de promoción interna e catro polo sistema de quenda libre, do xeito que a seguir se relaciona:

Área

Número de prazas

Quenda

Observacións

Química

16

13 por promoción interna

3 por quenda libre

1 praza reservada para persoas con discapacidade

Eléctrica

5

Por promoción interna

Mecánica

5

Por promoción interna

Sanitaria

1

Por promoción interna

Segundo o artigo 18 do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC as vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión de quenda libre, e as persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna, para as que se habilitarán probas específicas, terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso e nas probas dunha única área, que deberán seleccionar na solicitude.

Ao abeiro do disposto no artigo 22 do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, ao remataren as probas selectivas constituiranse catro listaxes de espera, unha por cada área, para cubrir con carácter temporal os postos de traballo que poidan xurdir ata o próximo proceso selectivo. Para estes efectos, as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo IV e especificando as súas opcións de preferencia en canto á localidade e/ou ao tipo de contrato.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. As persoas que desexaren tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse acompañadas de:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do/a nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/a seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Os/as aspirantes estranxeiros/as que estean exentos/as da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán establecida na base 8 desta convocatoria, xuntarán para tal efecto a fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

c) Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras administracións públicas españolas referido á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida polas respectivas xerencias. Se os servizos foron ou son prestados na UDC deberá indicarse na epígrafe correspondente da solicitude e, deste xeito, a certificación expedirase de oficio e engadirase á solicitude do/a aspirante.

d) Fotocopia da titulación académica requirida.

e) As persoas aspirantes pola quenda libre deberán xustificar o pagamento co documento bancario acreditativo de que se pagaron os dereitos de exame que ascenden a 30,56 €, que se ingresarán no Banco Santander Central Hispano na conta: 0049-5030-15-2516011262.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Tamén estarán exentas do pagamento, as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa, os/as membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación desta convocatoria. Para o goce da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita da persoa solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non presenten o documento referido na epígrafe 1.1.a), ou non aboen os dereitos de exame e non presenten o xustificante de bonificación ou exención dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes. Non se concederá ningún prazo adicional para o aboamento dos dereitos de exame.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas.

As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais que contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para os efectos de cómputo de prazos considerarase inhábil o mes de agosto.

A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (edificio da Reitoría, rúa da Mestranza, n.º 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña e edificio de usos administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

As solicitudes que se subscribiren no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou das copias compulsadas. Os servizos prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade, referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

1.3. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

1.4. As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade, poderano indicar na solicitude e pedir, de ser o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para seren admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir e manter os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o/a cónxuxe, descendentes e descendentes do/a cónxuxe, dos/as españois e dos/as nacionais doutros estados membros da Unión Europea, se non estiveren separados/as de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, título de FPII ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Todos os requisitos deberán posuírse no momento de rematar o prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador que foi asignado para as xulgar establecerá, para as persoas con discapacidade que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se lle presentaren dúbidas ao tribunal con respecto á capacidade das persoas aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades que habitualmente desenvolven os/as traballadores/as da categoría de técnico especialista de laboratorio, poderá solicitar o correspondente ditame do órgano competente da comunidade autónoma.

3.3. Na área de química resérvase unha praza para unha persoa con discapacidade.

4. Relacións de persoas admitidas e excluídas.

4.1. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o reitor da universidade ditará a resolución e declarará aprobadas as relacións provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicarán no taboleiro de anuncios da Reitoría da Universidade, na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e na páxina web da universidade con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se for o caso, as causas de exclusión.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días, que conta a partir da publicación da referida resolución, para corrixiren o defecto que motivase a exclusión. Unha vez transcorrido o devandito prazo o reitor ditará a resolución en que se declarará aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría da Universidade, na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e na páxina web da universidade.

4.2. O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que se acreditar no seu momento, de acordo co que está previsto na base 11 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo I.

6. Tribunal cualificador.

6.1. A composición do tribunal cualificador desta proba será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría cunha antelación de, polo menos, un mes a respecto da data de inicio dos exercicios.

6.2. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao reitor da universidade, cando concorran neles/as circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou participaran en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Os/as presidentes/as poderán solicitar dos/as membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos/as nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os/as membros dos tribunais cando concorreren as circunstancias citadas.

6.3. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia do/da presidente/a e do/da secretario/a, ou de ser o caso, daqueles/as que os/as substitúan, e como mínimo da metade dos seus membros. Nesta sesión o tribunal acordará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

6.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos/as membros do tribunal especificados no punto anterior.

6.5. O tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 30/1992.

6.6. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que estime pertinentes, e estes/as limitaranse a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores/as será feita polo reitor da Universidade da Coruña, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 6.2.

6.7. Os/as membros do tribunal cualificador deberán posuír titulación igual ou superior á exixida para seren admitidos/as ás probas.

6.8. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con algunha discapacidade gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base 1.4, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

6.9. O/a presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos perante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aqueles/as opositores/as que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

6.10. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da Universidade da Coruña.

6.11. En ningún caso o número de prazas adxudicadas polo tribunal poderá ser superior ás convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6.12. O tribunal terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución reitoral que aprobe as relacións definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Os exercicios das distintas áreas realizaranse simultaneamente.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación desta convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos/das opositores/as iniciarase alfabeticamente por aqueles/as cuxo primeiro apelido empece pola letra L, de conformidade coa resolución da Consellería de Facenda do 1 de febreiro de 2011, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

7.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren a súa identidade.

7.5. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídas da oposición aquelas que non comparezan, agás non casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

7.6. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se realizase o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilitar a súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para a súa iniciación.

7.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do/da interesado/a, deberá propoñerlle a súa exclusión ao reitor da Universidade da Coruña e comunicarlle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase da oposición os/as aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e de expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do idioma español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto/a ou non apto/a; é necesario obter a valoración de apto/a para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos/as de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten mediante unha fotocopia compulsada, estaren en posesión do diploma español como lingua estranxeira (nivel B2 o nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación non poderán ser declarados/as exentos/as e deberán en consecuencia, realizar a proba descrita.

9. Relación de persoas aprobadas.

9.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador publicará na Reitoría da Coruña, na Vicerreitoría do Campus de Ferrol, e na páxina web da Universidade da Coruña, así como naqueloutros que estime oportuno, a puntuación que obtiveron as persoas aspirantes, así como, se for o caso, a de cada unha das probas que o compoñen.

Os/as aspirantes disporán de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das puntuacións provisionais de cada exercicio, para presentar reclamacións. Disporán de idéntico prazo para reclamar contra as puntuacións da fase de concurso, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Posteriormente, o tribunal publicará, neses mesmos lugares, a relación definitiva de persoas aprobadas para cada un dos sistemas de acceso que, en ningún caso, poderá conter un número de persoas candidatas superior ao das prazas convocadas, en que constará o nome e a puntuación das persoas aspirantes que, ao acadaren a puntuación mínima exixida para superar os exercicios da fase de oposición, obtiveron a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I. As persoas opositoras que non estiveren incluídas nas respectivas relacións terán a consideración de non apto/a para todos os efectos, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.

9.2. O tribunal publicará a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.3. A cualificación final do proceso selectivo será a suma das puntuacións que se obteñan na fase de oposición e na fase de concurso. Os puntos que se obteñan nesta última, en ningún caso, poderán sumarse para os efectos de superar a fase de oposición. No caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida nos exercicios e pola seguinte orde: terceiro exercicio do proceso selectivo e, se persistise, atenderase á maior puntuación no segundo exercicio e, se persistise, atenderase á maior puntuación na fase de concurso. No caso de que continuase persistindo o empate, dirimirase por sorteo público en presenza dos/as opositores/as empatados/as.

9.4. O tribunal remitiralle ao reitor a relación definitiva das persoas aspirantes aprobadas pola orde desta puntuación final, con proposta de que se lles formalice o correspondente contrato de traballo.

10. Listaxes de espera.

Constituirase unha listaxe de espera por área, ao abeiro do disposto no anexo V do III Convenio colectivo do persoal laboral da Universidade da Coruña, coas persoas aspirantes que non acadasen a puntuación final suficiente para a obtención da praza. Nas listaxes incluiranse as persoas que superasen todos os exercicios da oposición. Caso de existir fase de concurso, sumarase a puntuación obtida nesa fase.

11. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

11.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel en que se publicase a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas, estas deberán presentar no Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, 9) os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que inhabilite no seu Estado o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o servizo.

d) Os/as aspirantes con discapacidade igual ou superior ao 33%, deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante unha certificación dos órganos competentes.

11.2. Unha vez que as persoas aspirantes superen as probas selectivas e realicen debidamente os trámites de presentación de documentos, serán contratadas como técnicos especialistas de laboratorio.

11.3. O período de proba será dun mes; neste prazo o/a traballador/a terá os dereitos e as obrigas que lle correspondan en relación co posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por solicitude de calquera das partes durante o seu transcurso.

Segundo. De acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), os datos indicados na solicitude pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, que ten por finalidade a xestión do persoal da Universidade da Coruña. O ficheiro está baixo a responsabilidade da Xerencia. Coa súa participación neste proceso selectivo as persoas interesadas autorizan a Universidade da Coruña para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza deste procedemento de concorrencia competitiva. Así mesmo, poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, en cumprimento do que establece a LOPD, ante a Secretaría Xeral da Universidade da Coruña.

Terceiro. Estas probas selectivas axustaranse ao disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) e aos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, modificada pola Lei 55/1999, do 29 de decembro, ao establecido no III Convenio colectivo do persoal laboral da Universidade da Coruña (BOP do 1 de setembro de 2009) e ás bases desta convocatoria.

Cuarto. Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se derivaren delas poderán ser impugnados perante a xurisdición contencioso-administrativa nos casos e na forma que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Así mesmo, as persoas interesadas poderán interpor o recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas perante o reitor da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e que concordan coa mencionada lei.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección

Ao abeiro do disposto na disposición transitoria cuarta do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, de xeito excepcional e, ao tratarse este do primeiro proceso selectivo para técnicos especialistas de laboratorio tras a publicación da RPT de 2005, valorarase como segue:

Fase de oposición: 60 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o
Celga 3, curso de iniciación de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG n.º 146, do 30 de xullo).

Consistirá en realizar por escrito unha proba sobre o uso do idioma galego que determinará o tribunal. Cualificarase de apto/a ou non apto/a e corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar o resultado de apto/a.

O tempo máximo para a realización desta proba será de sesenta minutos.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario de 60 preguntas, 15 preguntas do bloque I e 45 preguntas do bloque II do temario da área seleccionada, máis tres de reserva que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. A duración do exercicio será de noventa e cinco minutos e a súa valoración será de 0 a 20 puntos e será necesario obter 8 puntos para o superar.

Ao abeiro do que dispón o artigo 18 do vixente Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, as persoas aspirantes de promoción interna están exentas de se examinar dos temas correspondentes ao bloque I. O exercicio consistirá en contestar un cuestionario de 45 preguntas do bloque II do temario da área seleccionada (máis tres de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. A duración do exercicio será de setenta e dous minutos e a súa valoración será de 0 a 20 puntos e será necesario obter 8 puntos para o superar.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun primeiro suposto práctico que se elixirá de entre tres propostos polo tribunal, relacionados co temario da área (bloque II), e un segundo suposto práctico de entre dous propostos polo tribunal, relacionados co temario da subárea (bloque III). Cada suposto práctico puntúase entre 0 e 20 puntos. Para superar a proba é necesario obter 16 puntos entre os dous exercicios. A nota mínima de cada un dos supostos prácticos deberá ser de 6 puntos. O tribunal entregará todos os supostos prácticos do bloque II e do bloque III. Os/as aspirantes a estes terán 15 minutos para a súa lectura e solicitude de aclaracións. A duración deste exercicio será de cento cincuenta minutos.

Fase de concurso: 40 puntos.

A antigüidade, ata un máximo de 30 puntos, valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na categoría de técnico especialista de laboratorio, grupo III, e 0,15 puntos por mes na mesma categoría e grupo noutras administracións.

Para os efectos desta convocatoria equiparase o tempo traballado na categoría, para extinguir, de especialista de laboratorio PAS laboral na UDC coa de técnico especialista de laboratorio grupo III.

Os 10 puntos restantes acadaranse pola valoración da formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais e organismos de recoñecido prestixio.

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

A) Lingua galega, no caso de posuír máis dun curso de lingua galega, só puntuará o máis alto.

Celga 3: 1 punto.

Celga 4: 2 puntos.

Linguaxe administrativa: 2,5 puntos.

Linguaxe administrativa, nivel superior: 3 puntos.

Celga 5: 3 puntos.

B) Formación relacionada coa categoría de pertenza da praza.

Cursos de asistencia:

Menos de 10 horas, ou que non indiquen a súa duración: 0,25 puntos/curso.

De 10 a 19 horas: 0,50 puntos/curso.

De 20 a 29 horas: 1 punto/curso.

De 30 a 39 horas: 1,5 puntos/curso.

De 40 a 49 horas: 2 puntos/curso.

De 50 horas ou máis: 2,5 puntos/curso.

Os cursos impartidos ou de aproveitamento puntuarán o dobre.

ANEXO II

Temario

Bloque I.

1. A Constitución: dos dereitos e deberes fundamentais.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia: do poder galego. Da Administración pública galega.

3. Lei orgánica de universidades: da natureza, creación, recoñecemento e réxime xurídico das universidades.

4. Os estatutos da UDC.

5. O III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da UDC.

6. A Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Responsabilidades e sancións.

Bloque II.

Temario área de química.

1. Definicións e conceptos básicos: número atómico, peso atómico, peso molecular, isótopos, mol, enlace iónico e covalente.

2. Disolucións: propiedades, natureza e tipos. Preparación. Formas de expresar a concentración (molaridade, normalidade, tanto por cento, ppm).

3. Propiedades periódicas: concepto de electronegatividade, potencial de ionización e afinidade electrónica.

4. Concepto de equilibrio químico e constante de equilibrio. Factores que afectan o equilibrio. Lei de Le Chatelier.

5. Conceptos básicos de oxidación-redución. Reaccións redox. Concepto de equivalencia química e peso equivalente. Formulación de ecuacións redox.

6. Concepto de ácido e base. Forza de ácidos e bases. Disociación. pH. Reaccións ácido-base. Hidrólise. Solucións tampón.

7. Fundamentos da análise volumétrica: valoracións ácido-base, redox e de precipitación. Punto final e formas de detectalo. Preparación de solucións patrón. Especies químicas primarias e o seu uso. Cálculos.

8. Fundamentos da análise gravimétrica: solubilidade, Kps, produto de solubilidade. Efecto salino e do ión común. Cálculos.

9. Fundamentos de electroquímica: condutimetría, potenciometría, Lei de Nersnt. Eléctrodos de referencia e indicadores.

10. Magnitudes de masa e volume do Sistema Internacional. Prefixos para múltiplos e submúltiplos.

11. Balanzas analíticas e microbalanzas. Localización e condicións ambientais. Efectos físicos sobre a pesada. Manexo.

12. Material volumétrico: tipos, calidades e utilización.

13. Principais técnicas de separación e purificación: secadura, centrifugación, extracción, cristalización, destilación, filtración e calcinación.

14. Clasificación dos produtos químicos segundo a perigosidade. Condicións de envasamento e de etiquetaxe.

15. Manual de seguranza e de saúde no laboratorio da UDC: tipos de protección individual e colectiva.

Bloque III.

Subárea: laboratorio de combustibles.

1. Características principais dos combustibles e toma de mostra de combustibles líquidos. Principais propiedades ou características dos combustibles, en xeral. Mostra puntual. Mostra externa. Envases, requisitos de seguridade e procedemento de acordo coa normativa vixente de mostraxe.

2. Combustibles líquidos: gasolinas. Composición. Formulación. Características principais segundo a lexislación en vigor.

3. Combustibles líquidos: gasóleos. Composición. Formulación. Características principais segundo a lexislación en vigor.

4. Control de calidade dos combustibles líquidos segundo os procedementos establecidos na lexislación vixente: gasóleos. Determinación das características de fluxo, da volatilidade, do contido de partículas sólidas, do contido de xofre, da calidade de ignición, do comportamento ante o frío, do poder calorífico e da temperatura de inflamación mínima. Determinación coulombimétrica do contido de auga dos gasóleos.

5. Control de calidade dos combustibles líquidos segundo os procedementos establecidos na lexislación vixente: gasolinas. Determinación das características de volatilidade, da densidade, da capacidade antidetonante e do contido de xofre de gasolinas.

Subárea: laboratorio de plásticos.

1. Análise térmica. DSC: descrición da técnica experimental, instrumentación; transición vítrea, copolímeros e sistemas multicompoñentes; fusión e cristalización; calores de reacción. TGA: análise termogravimétrica; parámetros operacionables; análise dun termograma; aplicacións.

2. Medida do índice de fluidez. MFI: principio do método; método de medición da masa; método de medición do volume.

3. Determinación da temperatura de rebrandecemento. HDT: principio do método e procedemento operatorio. VICAT: principio do método e procedemento operatorio.

4. Ensaios de transformación de plásticos por extrusión. Equipo de extrusión. Principais tipos de produtos de extrusión. Moldeo por sopradura.

5. Ensaios de transformación de plásticos por inxección. Especificacións das máquinas de moldeo por inxección. Elementos dos ciclos de moldeo.

Subárea: análisis de envases alimentarios.

1. Migración específica de materiais plásticos en contacto cos alimentos, segundo a norma UNE en vigor: métodos de exposición (inmersión, célula, bolsa e enchedura), características xerais e procedemento da etapa de preparación de mostra e contacto; simuladores de alimentos e a súa elección segundo o tipo de alimento; elección das condicións de contacto (tempo e temperatura); preparación das mostras, relación superficie volume segundo o método de ensaio; e expresión dos resultados.

2. Migración global de materiais plásticos en contacto cos alimentos, segundo a norma UNE en vigor: métodos de ensaio (inmersión, célula, bolsa e enchedura), características xerais; simuladores de alimentos e a súa elección, segundo o tipo de alimento; elección das condicións do contacto (tempo e temperatura); preparación das mostras, relación superficie, volume segundo o método de ensaio; e expresión dos resultados.

3. Migración global de materiais plásticos en contacto cos alimentos, segundo a norma UNE en vigor, simulantes acuosos: procedemento segundo o tipo de ensaio (inmersión, célula, bolsa e enchedura) preparación da mostra, contacto e determinación da migración; cálculos; validez de ensaio; e procedemento se o material está destinado a un uso repetitivo.

4. Migración global de materiais plásticos en contacto cos alimentos, segundo a norma UNE en vigor, simulante graxo usando aceite de oliva: procedemento, segundo o tipo de ensaio (inmersión, célula, bolsa e enchedura) preparación da mostra, contacto e extracción do aceite; cálculos; validez do ensaio; procedemento se o material está destinado a uso repetitivo; e, método de ensaio cando a extracción do aceite de oliva é incompleta.

5. Migración global de materiais plásticos en contacto cos alimentos, segundo a norma UNE en vigor, usando simulantes graxos alternativos ao aceite de oliva: método de ensaio con mesturas de triglicéridos marcados con 14C; métodos de ensaio para temperaturas baixas e altas; método de ensaio con isooctano e etanol ao 95% en disolución acuosa; e, método de ensaio mediante a extracción rápida con isooctano e/ou etanol ao 95%.

Subárea: técnicas cromatográficas.

1. Análise de hidrocarburos totais de petróleo segundo a norma ISO 9377-2: preparación da mostra para a análise en augas e determinación cromatográfica por GC-FID.

2. Determinación de micotoxinas en alimentos segundo a norma UNE EN-12955: procedemento de preparación da mostra e análise cromatográfico por HPLC acoplado a espectrómetro de masas de triplo cuadrupolo.

3. Análise de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP´s) en augas: preparación da mostra e determinación mediante GC-MS.

4. Análise de policlorodibenzodioxinas/furanos e bifenilos policlorados similares a dioxinas: preparación do material, extracción Soxhlet e obtención automatizada das fraccións da mostra mediante cromatografía líquido-sólido.

5. Mantemento básico de sistemas cromatográficos de líquidos e gases: cambio, acondicionamento e conservación das columnas.

Subárea: espectroscopia molecular.

1. Obtención de espectros rutineiros de resonancia magnética nuclear mono e bidimensionais en espectrómetros de RMN de transformada de Fourier. Aspectos prácticos.

2. Espectrometría de masas, obtención de espectros con diferentes modos de ionización: EI, FAB, CI, ESI. Aspectos prácticos.

3. Espectrofotometría de infravermello, obtención de espectros con diferentes técnicas de preparación da mostra: pastillas de KBr, disolucións, ATR.

4. Mantemento de imáns supercondutores para espectrómetros de resonancia magnética nuclear: recargas de líquidos crioxénicos.

5. Análise termogravimétrica, realización de ensaios rutineiros. Rexistro FTIR dos gases de evolución.

Subárea: bioloxía molecular.

1. Problemática das mostras do ADN: degradación do ADN (factores que afectan, formas de detección e medidas de prevención); contaminación das mostras no laboratorio (tipos e medidas de prevención).

2. Cuantificación de mostras de ADN mediante espectrofotometría ultravioleta (UV) visible e xeles de agarosa: obxectivo da cuantificación de ADN. Fundamento e procedemento operatorio de cada técnica.

3. Amplificación de mostras de ADN mediante a reacción en cadea da polimerasa (PCR): regras para a elección de cebadores (situación, lonxitude, concentración, secuencia e temperatura de fusión); parámetros (concentración de dNTPs e ADN polimerasas).

4. Secuenciación automática de ADN: preparación das mostras para a secuenciación de ADN nun secuenciador automático. Requisitos das mostras.

5. Análise de fragmentos de ADN: preparación das mostras para a súa separación e detección nun secuenciador automático.

Subárea: técnicas instrumentais de análise.

1. Análise elemental por combustión: fundamentos, compoñentes esenciais dos equipos, produtos de combustión, pesadura de mostras, aplicacións.

2. Determinación de C, H, N, S mediante análise elemental por combustión-detección de condutividade térmica: reactivos, operacións de mantemento, condicións analíticas.

3. Determinación de C, N mediante análise elemental por combustión-detección de condutividade térmica: reactivos, operacións de mantemento, condicións analíticas.

4. Determinación de 15/14N e 13/12C mediante fluxo continuo (combustión)-espectrometría de masas de relacións isotópicas: reactivos, operacións de mantemento, condicións analíticas.

5. Determinación de N total en solos mediante análise elemental por combustión seca (Norma UNE 77325).

Subárea: análise estrutural.

1. Determinación de superficie específica polo método de adsorción de nitróxeno (B.E.T.): preparación e análise das mostras.

2. Análise por espectrometría de fluorescencia de raios X: tipos de análises. Preparación de mostras para espectrometría de fluorescencia de raios X: moenda, peneiradura, elaboración de pastillas, fusión, perladura e perda por calcinación.

3. Difracción de raios X en po cristalino: tipos de mostras e métodos de preparación de mostras. Adquisición e parámetros básicos do difractograma.

4. Determinación de granulometría por difracción láser en suspensións acuosas de po: control e manexo dun granulómetro láser. Mostras compatibles.

5. Determinación da humidade en mostras xeolóxicas mediante balanza de humidades e en estufa. Determinación da densidade real mediante picnómetro de expansión de gas.

Subárea: espectrometría de plasma-masas.

1. Sistema de introdución de mostras liquidas en ICP-MS: elección do tipo de nebulizador, cámara de nebulización e inxector segundo a matriz.

2. Fundamentos, reactivos e procedemento de dixestión para a determinación de certos elementos en auga. Parte 1: dixestión en auga rexia UNE-EN ISO 15587-1.

3. Mostreo, limpeza de aparellos de laboratorio e dixestión de mostras de materia particulada en suspensión segundo a norma UNE-EN 14902: 2006.

4. Precaucións xerais para a conservación de mostras de auga para a determinación de metais e metaloides segundo a norma UNE-EN-ISO 5667-3.

5. Fundamentos, reactivos e procedemento de dixestión para a determinación de certos elementos en auga. Parte 2: dixestión en ácido nítrico UNE-EN ISO 15587-2.

Subárea: microscopía.

1. Operacións básicas no Microscopio Electrónico de Varrido: acendido e apagado do equipo, cambio de mostra, aliñamento, obtención de imaxes, realización de microanálises, cambio de filamento e mantemento do microscopio.

2. Preparación de mostras para Microscopía Electrónica de Varrido: preparación de mostras orgánicas, xeolóxicas, metálicas, poliméricas, residuos sólidos e material filtrado.

3. Operacións básicas no Microscopio Electrónico de Transmisión: acendido e apagado do equipo, cambio de mostra, aliñamento, obtención de imaxes e mantemento do microscopio.

4. Preparación de mostras para Microscopía Electrónica de Transmisión. Preparación de mostras orgánicas: cultivos celulares ou tecidos. Preparación de mostras de materiais: policristais, polímeros ou mostras autosoportadas.

5. Operacións básicas no Microscopio Confocal de Fluorescencia: acendido e apagado do equipo, obtención de imaxes de campo claro, obtención de imaxes de fluorescencia, obtención de imaxes confocais.

Subárea: análise de augas.

1. Determinación de amonio por detección espectrométrica (colorimetría) mediante Aquakem, segundo a norma UNE-EN ISO 11732:2005. Preparación do instrumental e da mostra, reactivos, operacións de mantemento e aspectos prácticos.

2. Determinación de nitróxeno total por análise en fluxo continuo segmentado (FIA), segundo a norma UNE-EN ISO 11905-1:1997. Preparación do instrumental e da mostra, reactivos, operacións de mantemento e aspectos prácticos.

3. Determinación de carbono orgánico en augas mediante combustión e determinación por infravermello, segundo a norma UNE-EN 1484. Preparación do instrumental e da mostra, reactivos, operacións de mantemento e aspectos prácticos.

4. Determinación de anións inorgánicos (fluoruro, cloruro, nitrito, bromuro, nitrato, ortofosfato e sulfato) mediante cromatografía iónica con supresión química e detección por condutividade, segundo a norma UNE-EN ISO 10304-1:2007. Preparación do instrumental e da mostra, reactivos, operacións de mantemento e aspectos prácticos.

5. Determinación de materia en suspensión en augas mediante gravimetría. Procedemento e aspectos prácticos segundo a norma UNE-EN 872.

Bloque II.

Temario área eléctrica.

1. Conceptos de electricidade. Estrutura do átomo. Carga eléctrica. Campo eléctrico. Sentido do fluxo de electróns.

2. Magnitudes eléctricas: tensión, intensidade e potencia. Unidades. Lei de Ohm. Medida das magnitudes eléctricas (tensión, intensidade, resistencia, potencia).

3. Análise de circuítos en corrente continua. Fontes de tensión. Fontes de corrente. Leis de Kirchoff. Th. de Thevenin. Th. de Superposición. Resolución de circuítos mediante transformación de triangulo a estrela.

4. Compoñentes pasivos. Resistencias: código de cores, tipos e asociación de resistencias. Condensadores: tipos, proceso de carga e descarga, constante de tempo e asociación de condensadores. Bobinas: indución electromagnética, autoindución e asociación de bobinas.

5. Corrente alterna. Valores característicos da corrente alterna (valor eficaz, valor de pico, valor pico-pico, valor medio, frecuencia e período). Vantaxes da corrente alterna fronte á corrente continua con respecto ao transporte da enerxía.

6. Circuítos en corrente alterna. O condensador en corrente alterna, a bobina en corrente alterna, circuítos: R-C serie, R-L serie, R-L-C serie, R-L-C paralelo, resonancia en R-L-C serie e resonancia R-L-C paralelo.

7. Díodos. Símbolo eléctrico. Parámetros (tensión inversa máxima, intensidade directa máxima, caída de tensión directa e intensidade inversa). Circuítos rectificadores (media onda, onda completa e ponte rectificador). Tipos de díodos e funcionamento (zener, led e fotodíodo).

8. Transistor bipolar: estrutura, funcionamento, ganancia do transistor (alfa e beta). Tipo de transistores; bipolar (NPN, PNP), intensidades. Configuracións básicas: emisor, base e colector común. Polarización dun transistor como emisor común. Funcionamento, saturación e corte.

9. Electrónica dixital. Sistema de numeración e cambio de base, (decimal, binaria, BCD natural e hexadecimal). Álxebra de Boole.

10. Simplificación de funcións. Portas lóxicas (AND, OR, NAND, NOR e XOR). Tipoloxía, funcións e táboas de verdade.

11. Circuítos combinacionais funcionamento: codificadores, descodificadores, multiplexores, demultiplexores e comparadores.

12. Medidas estáticas de parámetros eléctricos e magnitudes: Voltímetro e amperímetro. Medidas no tempo de sinales analóxicas e dixitais: osciloscopio.

13. Transformadores: principio básico de funcionamento, partes principais, construción, características, aplicacións, relación de transformación, potencia, rendemento. Transformador ideal e real. Ensaio dun transformador en baleiro e en curtocircuíto.

14. Baixo o criterio do Real decreto 842/2002 e as súas instrucións complementarias: finalidade e definición de acometida, instalación de enlace (caixa xeral de protección, liña xeral de alimentación e derivación individual), calculo da caída de tensión en voltios e % para redes monofásicas e trifásicas. Valores máximos admisibles.

15. Sistemas de protección da instalación e persoas nunha instalación eléctrica: Finalidade, símbolo e principio de funcionamento de: fusibles, interruptores diferenciais e magnetotérmicos.

Bloque III.

Subárea: instrumentación electrónica.

1. Principio básico de funcionamento dos seguintes sensores con saída analóxica: sensores de presión por membrana (diferenciais e absolutos). Sensores de desprazamento lineal por cable. Sensores de nivel por ultrasóns. Sensores de nivel condutivos. Usos e aplicacións.

2. Deseño e construción de placas de circuíto impreso. Deseño do circuíto. Transferencia do deseño a placa. Proceso de insolación. Proceso de revelado. Proceso de atacado. Produtos e instrumentos empregados. Mecanización e montaxe.

3. Protocolo estándar de comunicación RS-485. Concepto xeral. Requirimento de voltaxe. Comunicación en Modo Half Dúplex. Comunicación en Modo Full Dúplex. Conversor RS 232 / RS 485. Conexión e cableado.

4. Protocolo estándar de comunicación RS-232-C. Concepto xeral. Requirimento de voltaxe. Limitacións. Conectores. Pins. Conexión e cableado RTS/CTS. Conversor RS 232/RS 485.

5. Graos de protección segundo o código IP e IK. Concepto xeral. Nomenclatura estándar e interpretación do estándar. UNE 20324 (EN 60529). UNE-EN 50102.

Subárea: electrónica de laboratorio.

1. Deseño de fontes de alimentación. Partes dunha fonte de alimentación (transformador, rectificador, filtro, regulador). Fontes de alimentación estabilizadas en serie e paralelo. Fontes estabilizadas de tensión axustables. Características dunha fonte de alimentación.

2. Deseño e construción de placas de circuíto impreso. Deseño do circuíto. Transferencia do deseño a placa. Proceso de insolación. Proceso de revelado. Proceso de atacado. Produtos e instrumentos empregados. Mecanización e montaxe.

3. Motores eléctricos. Principio de funcionamento. Motores de corrente continua e motores de corrente alterna. Motores asíncronos: funcionamento e interpretación da placa de características. O arranque dun motor asíncrono (estrela-triángulo). Conexións e xiros do motor.

4. Soldadura con estaño. Fases do proceso, material e instrumental utilizado nos procesos de soldar. Composición do estaño utilizado para soldar. Proceso para desoldar.

5. Ponte de Wheatstone. Principio de funcionamento. Circuíto. Ponte de Wheatstone equilibrada. Ponte de Wheatstone como medidor de resistencias de precisión. Configuración típica da ponte de Wheatstone. Sensibilidade da ponte de Wheatstone.

Subárea: láser.

1. Fundamentos e propiedades da luz láser. O láser e a lonxitude de onda. Cavidade resoante. Comportamento temporal do láser. Coherencia. Propiedades de focalización da radiación láser. Diferenzas principais entre a luz visible e a luz láser. Tipos de aplicacións na industria a nivel de macro procesos.

2. Sistemas industriais de láser. Principio de funcionamento, compoñentes principais e accesorios. Campo de aplicación dos sistemas láser gasosos e de estado sólido a nivel de macro procesos. Consideracións máis importantes á hora da compra dun equipo industrial láser. Elección do equipo láser máis apropiado para os procesos macro-industriais.

3. Consideracións principais no mantemento de equipos industriais de láser. Definición e especificacións. Equipos auxiliares necesarios para o funcionamento dos láseres industriais. Dano e deterioración de láseres. Coidado e mantemento. Precaucións específicas na manipulación de ópticas de láseres de CO2.

4. Procesos industriais do láser. Corte láser. Parámetros: elección do gas apropiado, modos de funcionamento CW e pulsado. Elección das distancias focais segundo espesor e tipo de material. Elección do diámetro de saída de gas da boquilla de proceso.

5. Procesos industriais do láser. Marcación láser. Parámetros: elección do gas apropiado, modos de funcionamento CW e pulsado. Elección da lonxitude de onda segundo o material que se vai procesar.

Bloque II.

Temario área mecánica.

1. Magnitudes e unidades. Tipos de magnitudes. Definición e clasificación (extensiva, intensiva, escalar, vectorial e tensorial). Metroloxía: concepto e sistemas de unidades. Unidades fundamentais do Sistema Internacional. Prefixos para múltiplos e submúltiplos.

2. Representación gráfica. Normalización. Vistas, seccións e cortes. Anotación funcional ou de mecanización.

3. Instrumentos e sistemas de medida. Instrumentos de medida: definición e clasificación (cegos, rexistradores, transmisores, analóxicos e dixitais). Características básicas: estáticas (exactitude, precisión, resolución, sensibilidade e rango) e dinámicas (erro dinámico e tempo de resposta).

4. Metroloxía dimensional. Medida de lonxitudes. Calibre Vernier, micrómetro Palmer, reloxo comparador, galgas e calibres pasa/non pasa. Medida de ángulos. Medida de horizontalidade. Niveis de burbulla. Medida de roscas.

5. Cálculo de erros e presentación de resultados experimentais. Medidas directas e indirectas. Erros: concepto e clasificación (groseiros, sistemáticos e aleatorios). Erro absoluto e relativo. Regras de representación medida: erro de medida, redondeo, cifras significativas.

6. Calibración de instrumentos. Concepto de normalización e trazabilidade. Organismos internacionais e nacionais. Vocabulario básico internacional. Calibración: concepto.

7. Propiedades mecánicas dos materiais. Tensión e deformación en metais. Tipos de ensaios de dureza (Rockwell, Brinell e Vickers). Fractura de metais. Fatiga dos metais.

8. Soldadura por arco eléctrico. Fundamentos e termos de soldadura. Preparación de pezas. Procedementos. Clasificación e selección de eléctrodo.

9. Ferramentas de taller. Ferramentas manuais: descrición, uso e conservación. Ferramentas mecánicas: descrición e uso.

10. Parafusame. Clasificación, nomenclatura e aplicacións.

11. Mecanismos hidráulicos. Válvulas: tipos (bolboreta, esférica, comporta, asento e antirretorno). Bombas: tipos (centrífuga, peristáltica e de achique).

12. Maquinaria de manipulación de cargas. Técnicas xerais de manipulación de cargas (carreta elevadora, guindastre e transpaleta).

13. Medios auxiliares para manipulación de cargas. Eslingas, tanquetas, grilletes, cadeas, ganchos e cordas: Tipos e selección. Eslingado e estrobado: procedemento e tipos.

14. Seguridade e saúde no posto de traballo. Condicións de traballo e seguridade. Orde, limpeza, condicións ambientais e iluminación. Equipos de protección individual: xestión, pautas de selección e utilización, marcación e tipos.

15. Prevención riscos laborais. Sinalización de seguridade e saúde. Equipos de protección de primeiros auxilios. Medidas preventivas: riscos eléctricos en baixa tensión, electricidade estática, incendios, escaleiras, manexo de ferramentas manuais, manexo manual de cargas, carretas elevadoras, transpaleta, guindastre e postos de PVD.

Bloque III.

Subárea: sistemas mecánicos.

1. Laboratorio de construción. Características básicas do formigón fresco e formigón endurecido. Dosificación (cemento, áreas, auga). Ensaios de probetas a compresión.

2. Laboratorio hidráulica. Variables hidrométricas: precipitación, evaporación, leitos, velocidades. Tipos de instrumentación e localización.

3. Laboratorio portos e costas. Principios físicos: ondas, mareas, correntes. Infraestruturas marítimas costeiras. Tipoloxía e morfoloxía de diques. Selección de instrumento para a medida de velocidade e correntes, presión, superficie libre e profundidade.

4. Laboratorio sanitaria e ambiental. Características e propiedades da auga. Parámetros da calidade da auga. Tipoloxía de contaminantes (escorrentía urbana, ARU, residuais domésticas e industriais). Control da calidade da auga de abastecemento para consumo público. Selección de equipo para medida de parámetros físicoquímicos.

5. Laboratorio hidráulica. Medición de caudais en lámina libre. Métodos para medición de caudais. Criterios de selección dos métodos de medida.

Subárea: resistencia de materiais.

1. Metalografía: corte e montaxe do material. Corte con abrasivo húmido. Tipos de discos de corte. Técnicas de montaxe: montaxe por compresión en quente e montaxe por compresión en frío.

2. Metalografía: preparación mecánica dos materiais. Procedemento de lapeado. Esmerilado: Forza de corte. Fixación horizontal do granulo. Penetración vertical. Subministración do abrasivo. Lubricación. Panos e abrasivos para a pulidura.

3. Ensaios Jominy. Forma e preparación das probetas. Aparellos. Quentamento e temperado da probeta. Preparación e medición da dureza despois do temperado. Informe do ensaio.

4. Ensaios de tracción. Probetas para tracción. Máquina de ensaio: modo e tempo de aplicación das cargas. Informe do ensaio.

5. Corrosión electroquímica de metais. Pilas galvánicas. Tipos de corrosión. Oxidación de metais.

Subárea: fabricación mecánica.

1. Máquinas ferramentas universais de arrinque de labra. Tipos. Prestacións. Capacidade de traballo: tradeadora, fresadora, torno, rectificadora, serra de cinta e brochadora.

2. Torneado. Tipos de operacións de torneado. Parámetros. Xeometría de placas intercambiables de corte. Tipos de soportes para placas intercambiables. Tipos de desgaste en ferramentas de torneado.

3. Programación de CNC. Funcións e código dunha linguaxe tipo. Código G. Estrutura dos programas. Comprobacións. Fabricación asistida por ordenador CAM.

4. Materiais. Propiedades dos materiais: propiedades térmicas e propiedades mecánicas. Clasificación do aceiro. Clasificación dos metais duros. Materiais para ferramentas: aceiro rápido, metal duro recuberto, cermets, cerámicos e nitruro de boro cúbico.

5. Soldadura por arco con protección gasosos (TIG e MIG). Procesos TIG e MIG: descrición, vantaxes e limitacións. Partes do equipo de soldadura. Gases de protección. Materiais de engadido. Seguridade na soldadura.

Bloque II.

Temario área sanitaria.

1. Lei de protección de datos: disposicións xerais, principios da protección de datos e dereitos das persoas.

2. Principios éticos no traballo: consentimento informado e segredo profesional.

3. Documentación que manexa o técnico de laboratorio: tipos e criterios de formalización.

4. Atención ao paciente. Circuítos da información.

5. Cribaxe e derivación básica dos pacientes aos diferentes servizos.

6. Epidemioloxía: definición, importancia e métodos.

7. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

8. Limpeza do instrumental sanitario: lavado, descontaminación e empaquetamento.

9. Asepsia e esterilización. Concepto de sepses, antisepsia, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles. Riscos no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.

10. Antisépticos e desinfectantes: tipos, características e usos.

11. Esterilización e conservación do instrumental sanitario: tipos de esterilizadores, técnicas de esterilización e controis físicos, químicos e biolóxicos.

12. Programa de mantemento de equipos e material. Xestión do almacenamento e reposición do material.

13. Cirurxía: o quirófano. Preparación do campo cirúrxico.

14. Identificación e mantemento do material cirúrxico. Elaboración de sets cirúrxicos.

15. Xestión de probas complementarias: mostras biolóxicas de extraccións cirúrxicas para a súa análise microbiolóxico e tisular. Manipulación e tratamento.

Bloque III.

Subárea: podoloxía.

1. Quiropodoloxía: principais afeccións e procedementos.

2. Ortopodoloxía: procedementos ortopodolóxicos. Aparataxe para a confección de soportes plantares.

3. Orteses plantares e dixitais: tipos e características dos materiais empregados na súa elaboración e adaptación.

4. Tratamento de mostras de pel, uñas e fluídos para a súa análise microbiolóxica.

5. Podoloxía: procedementos para a exploración e diagnóstico.

missing image file