Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

PUBLICACIÓN da aprobación definitiva do Plan especial de protección do ben de interese cultural coa categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado. Expediente 548/09 do negociado de planeamento urbanístico do concello de Ourense.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 20 de xaneiro do ano 2012 adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por asentimento unánime, adoptou o seguinte acordo:

1. Estimar integramente as alegacións formuladas por Juan José Iglesias Cañón e trinta máis, Eduardo López González e vinte e nove máis, Manuel Pérez Grande e vinte e nove máis, María C. Margarita Varela Conde e vinte e nove máis, Rosa Ojea Rúa e vinte e nove máis, Araceli Villa López e sesenta máis, María Azucena Dapena Vidal e corenta e nove máis e Pedro Antonio Araújo Nespereira e cento dezaoito máis, de conformidade cos informes de datas 13 de agosto de 2010 (técnico) e 30 de agosto de 2010 (xurídico) do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, que se trasladarán aos interesados para os efectos de motivación.

2. Estimar parcialmente as alegacións formuladas polo grupo municipal do partido popular (representado por Enrique Novoa López), M.ª Nieves Garrido González, Ramón Vila González, Ramón Vila Garrido, José Meira Sampayo, Orentino Romero Pérez, Manuel David Cid Testa, Antonio Salas Moreno, Marisela del Carmen Tourón Rodríguez, José Luis Pazos Pérez, José Antonio Rojas Novoa, María Rosa Fariñas Guede, Antonio Borrajo Fernández, Manuel Nieto Castro, José Manuel Vázquez Fernández, Luisa Fernanda Trapote Torre, Eladio Nespereira Rodríguez, Amancio Rodríguez Sánchez, Diotino Vila Iglesias, José Antonio Pérez Míguez, Pilar Fortes Lorenzo, María del Pilar Pereira Fortes, Noel Álvarez Gómez, Juan Carlos Álvarez Rodríguez, José Nogueira-Pinto González, Juan Rivero Rivero, José Antonio Carballo de Dios, M.ª Mercedes Rodríguez Alcalá, Gabriel Mouttet Álvarez, Amador Rego Villar Amor, Emilio Iglesias Fernández, Natalia Castro Castro, Antonio Vázquez Novelle, Benito Rodríguez Bouzas, César Fernández Nogueiras, Ana Pereira Fortes, José Mayo Mayo, José Elier Ojea Ureña, Lisbeth Margarita Querales Flores, Gislena de la Fuente Cid, José Manuel González Fernández, Antonio Mourelo Vázquez, Aurora Cumbrado Rivo, Manuel Domínguez Nieto, María José Álvarez Pía, Antonio Fernández Fernández, Juan Carlos Raña Lens, Balbino Rodríguez González, M.ª Blanca Trapote González, José Antonio Ares Fernández, Ramón Quintela García, Joaquín Rodríguez Vázquez, Urbano López González, Severina Teresa Carcacia Blanco, José Cándido Martínez Vázquez, Baldomero López Vázquez, Antonia Fernández González, Alfonso Ares Prado, Elvira González Peleteiro, José Ramón Sánchez Feijoo, José César Losada Álvarez, María Jesús Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Iglesias, Adita Rodríguez Salgado, Francisco Sotelo Salgado, María Hortensia Romasanta Rodríguez, María Luz Eugenia González Fidalgo, Amadora González Piñeiro, Fernando Aragón Valencia, Jorge Rey González, María del Carmen González Ojea, Gumersindo Rodríguez Cocinas, M.ª Luisa da Silva Espíritu Santo, María Sol Gómez González, Miguel Ángel Pérez de Juan Romero, José Manuel Fernández Novoa, José Luis Rodríguez Cid, María del Carmen García Vázquez, Elisa María Pascual Souto, Patricia Ríos Fernández, Teresa Cartelle Ferrer, Julio Díaz Salcedo, M.ª Luisa García Domínguez, Remedios Romero Conde, María Encarnación Muguerza Conde, Agapito Salgado Fernández, Manuel Lorenzo Arias, José Manuel Rodríguez López, Benigno Pérez Fernández, Consuelo Taín Marqués, Francisco Fernández Guerra, Adolfo Crispín Mosquera, Trinidad Rosario García-Valenciano Carrillo, José Luis Blanco Garza, Fátima García González, José Luís Fernández Méndez, Josefa González Rebaque, Carmen Álvarez Losada, Ana María Pereira Temes, María Rosa Iglesias Álvarez, Servando Pereira Méndez, Elvio González Blanco, José Antonio Cibeira Díaz, Manuel Luís Dacosta Herrero, Diego Barreira Diz, Antonio Liz Lorenzo, Jorge Guerra Ricoy, Gloria Ceballos Carrera, Beatriz Vila Vázquez, Beatriz Prado Vila, Amparo Pérez Calviño, M.ª Dolores Bejarano González, Vicente Hermida Carreira, José Miguel Álvarez Belmonte, Josefa Astray Losada, Juan Antonio Ruíz Blanco, Vicente Valdés Rodríguez, Elva Álvarez Valdés, Jaime Pérez Durán, Pedro Rodríguez Alvarado, Diego Armada Requejo, M.ª Luz Estévez Rodríguez, Ceferino Costoya González, José Fernández Cabanelas, Higinio Palmou Lorenzo, M.ª Jesús Pazos Garrido, Ana Isabel Taboada Capón, José Figueroa González, Benita Mariane Boman Sundquist, Luisa María Barja Merenduano, Manuela Espejo Fortes, Alberto Vila Garrido, Ana Belén Carballo Cortés, Florentina Rodríguez Fernández, José Jaime Vázquez Iglesias, Ricardo Campo Labrador, Ignacio Juan Martín Amaro, Rosendo Luís Fernández, José Manuel Baltar Blanco, Consuelo González Vázquez, José Luís López Fernández, Francisco Javier Pimentel Varela, Julia Fernández Alonso, Socorro González Álvarez, Francisca Rosa Castro Bermúdez, Manuela Padín Millán, José Iglesias Iglesias, José Antonio González Fernández, Celso Ratón Míguez, Dolores Traver Bertomeu, Luis Antonio Chao Gómez, Fernando Prado Carballo, Ana María Bouza Fernández, Alfonso Torres González, Antonio Aguaron Turrientes, Mariano Gómez Formoso, Arturo Gavilanes Fernández, Juan García Vázquez, Francisco Raúl Alfano Lafratti, Manuela Fernández Méndez, José García Cabrera, María Dolores Gallardo Querol, José López González, Ernesto Álvarez Paradela, Jaime Parada Fernández, José Mariano Pérez Fernández, Vidal López Vázquez, Clara Estévez Ramírez, José Luis Estévez Camiña, José Rodríguez Añel, Josefa Prado García, Ana María Fernández Vázquez, Noelia Quintela González, Salomón Ledo Lamas, Eva García Salgado, María Marciala Bouzo Villar, Arsenia Salgado Fernández, José Manuel Rodríguez Fernández, Antonio Álvarez Gutiérrez, Cesáreo González González, Francisco Muñoz Seguín, José Antonio Fernández Álvarez, Juan Luís Cachaldora Gómez, Julio Sierra Iglesias, Miguel Abad Vila, Antonio Alen Fernández, Mercedes López Vázquez, José Luis González Vallejo, Manuel González Vergara, Antonio González López, Benita Vergara Domínguez, Beatriz Pereira Fortes, Esperanza Martín Borrajo, David Carreira González, María del Carmen Díaz Abella, María del Carmen Abella García, Eugenia Díaz Abella, Amparo López Vázquez, Jesús Bermejo Docampo, Rodolfo Gutiérrez Montañés, José Carlos Pumar Martínez, José Antonio Barja Meruendano, María Cristina López Quiroga, Antonia González Rodríguez, Ovidio Vázquez Fernández, José Francisco Vázquez Rodríguez, María Novoa Pérez, Emilio Pascual San José, Asociación Comerciantes e Industriales Plaza de Abastos n.º 1 (representados por Emilio Pedro González Iglesias) e cincuenta e seis máis, Diego Fernández Calviño, Asociación de Veciños de Portocarreiro-Doctor Fleming (representado por Manuel Rodríguez Vázquez), Luís Soto Rebollo, Luís Martínez-Risco Daviña, Manuel Santamaría Arias e Comunidade de Bens de M.ª Jesús e M.ª Luisa Eire Alonso (representada por María Jesús Eire Alonso), de conformidade cos informes de datas 13 de agosto de 2010 (técnico) e 30 de agosto de 2010 (xurídico) do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, que se trasladarán aos interesados para os efectos de motivación.

3. Desestimar integramente as alegacións formuladas pola Asociación de Veciños Carlasca (representada por Arturo Rodríguez Pérez), Construcciones Ferprograr, S.L (representada por Casimiro Fernández Fariña), Xardín das Burgas, S.A. (representada por Basilio Martínez Serodio) e Congregación de las Siervas de San José (representada por Luisa Pérez Martínez), María Teresa San Martín García e Roberto Trapote Blanco, de conformidade cos informes de datas 13 de agosto de 2010 (técnico) e 30 de agosto de 2010 (xurídico) do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, que se trasladarán aos interesados para os efectos de motivación.

4. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Protección do Ben de Interese Cultural coa categoría de sitio Histórico do conxunto das Fontes Termais das Burgas e o seu contorno delimitado, documento refundido para aprobación de decembro de 2011, redactado de oficio.

Réxime de recursos: este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se notifique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local, 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Con data do 20 de xaneiro de 2012, recibiu o expediente a CMATI.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ourense, 20 de xaneiro de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente