Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4231

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

Por Orde do 17 de xullo de 2007 regúlase a relación laboral do profesorado de relixión e dítanse instrucións relativas á provisión de postos. No artigo 7.3 da citada orde, relativo ás novas contratacións, establécese que, cando existan necesidades de profesorado de relixión que non sexan cubertas polos concursos de traslados nin polo profesorado que xa prestase servizos como profesora substituta ou profesor substituto de relixión, nomearanse aquelas persoas ás cales lles corresponda unha maior puntuación, aplicando o baremo que se estableza para o sistema de provisión.

Para este sistema de provisión, o artigo 6.2 da Orde do 17 de xullo de 2007 determina que se terán en conta, polo menos, a experiencia docente como profesor de relixión, de maneira preferente nos centros públicos e no mesmo nivel educativo da praza a que se opta; as titulacións académicas, de modo preferente as máis afíns, polo seu contido, ao ensino de relixión, e os cursos de formación e perfeccionamento, de modo preferente tamén os máis afíns, polo seu contido, ao ensino de relixión.

Resulta necesario proceder a cubrir prazas de interinidades e substitucións de profesorado de relixión católica, polo que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar a apertura dun prazo para realizar as solicitudes de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto.

Comunícase a apertura dun prazo para solicitar posibles interinidades ou substitucións de relixión católica, nos niveis educativos de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Requisitos.

a) Ser español ou nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ou ser estranxeiro con residencia legal en España e autorizado a traballar ou en disposición de obter unha autorización de traballo por conta allea.

b) As previsións do punto anterior serán de aplicación ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. Así mesmo, poderán acceder os estranxeiros con residencia legal en España.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio das súas funcións. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado de orixe o desempeño das súas funcións.

f) Ter sido proposto pola autoridade da confesión relixiosa para impartir este ensino e ter obtido a declaración eclesiástica de idoneidade (DEI) ou declaración eclesiástica de competencia académica (DECA) ou certificación equivalente da confesión relixiosa obxecto da materia educativa.

g) Estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou do certificado de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou superalo a través de proba libre.

h) Para impartir docencia no nivel educativo de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Terceiro. Forma de participación.

Os participantes presentarán unha instancia acompañada dunha folla de alegacións e autobaremación, axustada ao modelo que estará á disposición das interesadas e interesados no enderezo electrónico (www.edu.xunta.es) e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos sinalados no baremo que aparece como anexo I nesta orde, en cada un dos cales deberá facerse constar o nome, apelidos, especialidade e corpo.

Os participantes presentarán, ademais, os documentos xustificativos de reunir os requisitos establecidos na epígrafe segunda, agás as letras d) e e), que serán xustificadas no xefatura territorial no momento de tomar posesión do primeiro nomeamento.

A instancia dirixirase ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Todas as fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dita dilixencia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá requirirlle á interesada ou ao interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non fosen debidamente acreditados.

Cuarto. Presentación de solicitudes.

A instancia, así como a documentación referida no punto anterior, poderá presentarse nos departamentos territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de que optasen por presentar a solicitude ante unha oficina de Correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada pola funcionaria ou funcionario de correos antes de ser certificada.

Quinto. Prazo de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Baremo de méritos.

Os aspirantes serán ordenados segundo a maior puntuación no baremo de méritos que se publica como anexo I a esta resolución.

Sétimo. Criterios de desempate.

No caso de que se producisen empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos pola orde en que estas aparecen no anexo I desta convocatoria.

b) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos pola orde en que estas aparecen no anexo I desta convocatoria.

Oitavo. Comisión de avaliación.

Para a avaliación dos méritos presentados polos participantes constituirase unha comisión presidida polo subdirector xeral de Recursos Humanos e polos funcionarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que determine o director xeral de Centros e Recursos Humanos, á cal poderá asistir un representante das organizacións sindicais acreditadas na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño).

Noveno. Reclamacións ás listas provisionais.

Os solicitantes poderán presentar reclamacións ás puntuacións provisionais no prazo de dez días naturais a partir da súa exposición.

Décimo. Lista definitiva.

Consideradas as reclamacións a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a ditar a resolución pola que se fan públicas as listas definitivas de solicitantes, por orde de puntuación.

Contra a resolución definitiva, as interesadas e os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes segundo establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional.

Poderán formar parte das listas de solicitantes aquelas persoas que non reúnan o requisito establecido na letra g) do punto segundo desta orde, co compromiso de obter o Celga 4 no prazo de dous anos contados desde a publicación da lista definitiva. En todo caso, con independencia da puntuación, terán prioridade nas listas definitivas de solicitantes aquelas persoas que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos no mencionado punto segundo.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO I

I. Experiencia docente.

1.1. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión, no mesmo nivel educativo ao que opta o/a aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,000 puntos

Folla de servizos certificada pola Administración educativa ou certificacións da/o secretaria/o do centro co visto e prace da dirección, na que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión, en distinto nivel educativo ao que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións públicas.

0,500 puntos

Folla de servizos certificada pola Administración educativa ou certificacións da/o secretaria/o do centro co visto e prace da dirección, na que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión noutros centros educativos.

0,150 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace da Inspección Educativa, na que conste a data de toma de posesión e cesamento, especialidade e nivel educativo.

1.4. Por cada ano de experiencia docente na impartición de calquera área ou materia distinta da relixión en centros públicos dependentes das administracións educativas.

0,125 puntos

Folla de servizos certificada pola Administración educativa ou certificacións da/o secretaria/o do centro co visto e prace da dirección, na que debe constar a data de toma de posesión e cesamento e especialidade.

1.5. Por cada ano de experiencia docente na impartición de calquera área ou materia distinta da relixión noutros centros educativos.

0,100 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace da Inspección Educativa, na que conste a data de toma de posesión e cesamento, especialidade e nivel educativo.

II. Formación académica. Máximo 10 puntos.

2.1. Por nota media no expediente académico no título alegado para acceder ás listas correspondentes.

Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada, na que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado.

Desde 7,51 ata 10

1,500 puntos

Desde 6,00 ata 7,50

1,000 punto

2.2. Posgraos, doutoramento e premios extraordinarios.

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados (Real decreto 778/1998, do 30 de abril), o título oficial de máster (Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente.

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.2. Por posuír o título de doutor en estudos referentes á materia recoñecida pola confesión relixiosa e homologadas pola Administración pública.

2,500 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo) e fotocopia do BOE na que se recolle a homologación.

2.2.3. Por posuír outro título de doctor.

2,000 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.4. Por premio extraordinario no doutoramento.

1,000 punto

Documento xustificativo.

2.3. Outras titulacións universitarias.

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o acceso ás listas de interinidades ou substitucións, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

2.3.1.1. Por cada diplomatura en estudos referentes á materia recoñecidos pola confesión relixiosa e homologados pola Administración pública.

1,500 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos se presenten como mérito ou, se é o caso, certificación de aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación e fotocopia do BOE no que se recolle a homologación.

2.3.1.2. Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación de aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

2.3.2.1. Por cada licenciatura en estudos referentes á materia recoñecidos pola confesión relixiosa e homologados pola Administración pública.

1,500 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación de aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), e fotocopia do BOE no que se recolle a homologación.

2.3.2.2. Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo doutras licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación de aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

III. Formación e perfeccionamento. Máximo 6 puntos.

3.1. Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos relacionados coa ensinanza da relixión, organizados polas entidades relixiosas, as administracións educativas e outras instituacións sen ánimo de lucro e recoñecidos ou homologados polas administracións educativas.

0,20 puntos por cada 10 horas

Certificado deles no que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. Deberá acreditarse, así mesmo, de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

3.2. Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro, que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades ou entidades eclesiásticas, non incluídos no punto anterior.

0,10 puntos por cada 10 horas

Certificado deles no que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

Disposición complementaria primeira.

Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Disposición complementaria segunda.

Para os efectos da epígrafe I, non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Disposición complementaria terceira.

Non se baremarán os servizos prestados no estranxeiro.

Disposición complementaria cuarta.

Nas seguintes epígrafes, por cada mes de servizo, súmanse as seguintes puntuacións:

– Na epígrafe 1.1.: 0,083.

– Na epígrafe 1.2.: 0,041.

– Na epígrafe 1.3.: 0,012.

– Na epígrafe 1.4.: 0,010.

– Na epígrafe 1.5.: 0,008.

Disposición complementaria quinta.

Para a obtención da nota media do expediente académico, nos casos en que non figure a expresión numérica completa aplicaranse as seguintes equivalencias, con independencia da convocatoria en que se obtivesen:

– Aprobado e apto: cinco puntos.

– Notable: sete puntos.

– Sobresaliente: nove puntos.

– Matrícula de honra: dez puntos.

Aquelas cualificacións que conteñan a expresión literal «ben» considéranse equivalentes a seis puntos. Non se terán en conta as validadas.

En ningún caso se tomarán en consideración na nota media as cualificacións correspondentes a proxectos fin de carreira, teses de licenciatura ou análogas.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, no seu defecto, se presente fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1998 (BOE do 13 de xullo), considérase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, os aspirantes que obtivesen o título no estranxeiro, e que deberán alegar no prazo de presentación de instancias, terán un prazo adicional de vinte días naturais, a partir do día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de solicitudes, para entregar certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Disposición complementaria sexta.

En ningún caso serán valorados pola epígrafe III aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

No punto terceiro computaranse, ademais dos cursos, as xornadas, congresos, grupos de traballo, seminarios permanentes e os proxectos de formación nos propios centros.

missing image file
11370 IIIg.pdf

I. Experiencia docente.

1.1. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión, no mesmo nivel educativo ao que opta a/o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas. (1 punto).

EPÍGRAFE 1.1.

DESTINO

POSESIÓNS

CESAMENTOS

SERVIZOS

Día

mes

ano

Causas

día

mes

ano

anos

meses

días

TOTAL

1.2. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión, en distinto nivel educativo ao que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións públicas. (0,5 puntos).

EPÍGRAFE 1.2.

DESTINO

POSESIÓNS

CESAMENTOS

SERVIZOS

Día

mes

ano

Causas

día

mes

ano

anos

meses

días

TOTAL

1.3. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de relixión noutros centros educativos. (0,15 puntos).

EPÍGRAFE 1.3.

DESTINO

POSESIÓNS

CESAMENTOS

SERVIZOS

Día

mes

ano

Causas

día

mes

ano

anos

meses

días

TOTAL

1.4. Por cada ano de experiencia docente na impartición de calquera área ou materia distinta da relixión en centros públicos dependentes das administracións educativas. (0,125 puntos).

EPÍGRAFE 1.4.

DESTINO

POSESIÓNS

CESAMENTOS

SERVIZOS

Día

mes

ano

Causas

día

mes

ano

anos

meses

días

TOTAL

1.5. Por cada ano de experiencia docente na impartición de calquera área ou materia distinta da relixión noutros centros educativos. (0,100 puntos).

EPÍGRAFE 1.5.

DESTINO

POSESIÓNS

CESAMENTOS

SERVIZOS

Día

mes

ano

Causas

día

mes

ano

anos

meses

días

TOTAL

II. Formación académica.

2.1. Por nota media no expediente académico no título alegado para acceder ás listaxes correspondentes.

NOTA MEDIA

PUNTUACIÓN

Desde 6,00 ata 7,50 puntos

1,000

Desde 7,51 a 10 puntos

1,500

2.2. Postgraos, doutoramento e premios extraordinarios.

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados (Real decreto 778/1998, do 30 de abril), o título oficial de máster (Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente. (1 punto).

2.2.2. Por posuír o título de doutor en estudos referentes á materia recoñecida pola confesión relixiosa e homologadas pola Administración pública. (2,500 puntos).

2.2.3. Por posuír outro título de doutor. (2 puntos).

2.2.4. Por premio extraordinario no doutoramento. (1 punto).

2.3. Outras titulacións universitarias.

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

2.3.1.1. Por cada diplomatura en estudos referentes á materia recoñecidos pola confesión relixiosa e homologados pola Administración pública. (1,5 puntos).

2.3.1.2. Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría. (1,000 punto).

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

2.3.2.1. Por cada licenciatura en estudos referentes á materia recoñecidas pola confesión relixiosa e homologados pola Administración pública. (1,5 puntos).

2.3.2.2. Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo doutras licenciaturas, enxeñarías, aquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes. (1 punto).

III. Formación e perfeccionamento. (máximo 6 puntos).

3.1. Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos relacionados coa ensinanza da relixión, organizados polas entidades relixiosas, as administracións educativas e outras administracións sen ánimo de lucro e recoñecidos ou homologados polas administracións educativas. (0,20 puntos por cada 10 horas).

3.2. Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro, que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades ou entidades eclesiásticas, non incluídos no punto anterior. (0,10 puntos por cada 10 horas).