Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4802

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2012 polo que se convoca o proceso selectivo para a elaboración dunha lista de espera para o posto de profesor/a de prácticas de servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia), anuncia, mediante concurso, a convocatoria para a elaboración dunha lista de espera para o posto de profesor/a de prácticas de servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia conforme o regulado na normativa para a selección de persoal docente do antedito centro.

A. Convocatoria.

Listas profesor/a de prácticas de servizos.

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento, deseñar as materias relacionadas coa área incluíndo elaboración de material, impartición de clases e avaliación de alumnos.

2. Requisitos mínimos:

2.1. Ter nacionalidade española.

– Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

– Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

– Calquera que sexa a súa nacionalidade, tamén poderán participar os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da antedita idade dependentes.

– Ter residencia legal en España, no caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores.

2.2. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa, segundo o disposto no artigo 56.1 c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

2.3. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

2.4. De conformidade co artigo 56.1.d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso a corpos, en caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

2.5. Titulación mínima: bacharelato ou titulación oficial equivalente.

B. Desenvolvemento do proceso.

As bases e a normativa polas que se rexerá o proceso poderán recollerse no rexistro de Turgalicia ou na páxina web www.turgalicia.es.

C. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

– As solicitudes, dirixidas á directora-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, á seguinte dirección: estrada Santiago-Noia, km 3. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto.

– O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

María del Carmen Pita Urgoiti
Directora-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.