Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público, na modalidade de concerto, do acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. (8 prazas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: 11/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 8 prazas.

b) Lugar de execución: concello de Burela ou de Foz (Lugo).

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31 de decembro de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 51,50 € (con IVE 8%: 55,62 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE 8%: 71,33 €) y prazas de día: 43,50 € (con IVE 8%: 46,98 €). (Orzamento máximo inicialmente previsto 156.117,30 €. IVE 8%: 12.489,38 €. Total: 168.606,68 €).

5. Garantías.

Provisional: non se require.

Definitiva: si (5% do orzamento base de licitación. IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Defensa do Menor da Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17135

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20.º) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que deben presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

Se a documentación se presentar en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

e) Data de apertura dos sobres B e C: sobre B: nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura do sobre que contén a documentación administrativa (sobre A) e darase a coñecer con antelación suficiente no perfil de contratante. Sobre C: o décimo quinto día hábil seguinte ao de finalizar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

f) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar