Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 9, do 13 de xaneiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 2194, na cal se establece o anexo I relativo ao compromiso de cumprir coas condicións en materia de seguridade social relativas á persoa que prestará os servizos de asistencia persoal e que se vincula ao procedemento BS211A, débese facer referencia ao procedemento BS210A «recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema», polo que se substitúe polo seguinte anexo I.