Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7488

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2012 polo que se fai pública a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se anuncia o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula das escolas infantís.

De conformidade coa Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 8 de febreiro de 2012, anúnciase o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula de usuarios/as da Rede de Escolas Infantís de Galicia que se detallan na dita resolución para o curso escolar 2012/2013.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio e na súa páxina web, www.igualdadebenestar.org, así como no taboleiro de edictos dos concellos e das escolas infantís.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar