Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9183

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Xerencia do Hospital da Barbanza, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, coa finalidade de convocar o procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, sanitario non facultativo (persoal de enfermaría, DUE e técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, TCAE) e non sanitario (auxiliar administrativo de equipo mecanizado).

Conforme o disposto nas bases dos procedementos de traslados internos dentro das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde aprobadas pola Administración e as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Negociación do Servizo Galego de Saúde, con data do 23 de decembro de 2009, e tras as negociacións mantidas cos representantes dos traballadores/as da Comisión de Centro do Hospital da Barbanza no seo da Comisión de Traslados Internos, que aprobou as bases reguladoras desta convocatoria,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, sanitario non facultativo (persoal de enfermaría, DUE e técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, TCAE) e non sanitario (auxiliar administrativo de equipo mecanizado) do Hospital da Barbanza.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Hospital da Barbanza.

As solicitudes e documentación anexa que acrediten os méritos alegados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos do Hospital da Barbanza, no prazo de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución e as bases do procedemento poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ribeira, 14 de febreiro de 2012.

Luis González Taboada
Xerente executivo do Hospital da Barbanza