Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9174

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 7 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se modifica o Anuncio do 15 de febreiro de 2012 que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de fundamentos de composición (594412) e tuba (594429) (Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo de 2012).

Advertido erro no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 46 do martes 6 de marzo de 2012, corpo de profesores de música e artes escénicas:

– Disciplina de fundamentos de composición (594412), en titulacións debe eliminarse a seguinte titulación: «Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía da linguaxe e a educación musical (Real decreto 617/1995)».

O prazo para presentar a instancia de solicitude amplíase en dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta modificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos