Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 288/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 2 L.M.T.S., C.T. e R.B.T.A. Estramundi de Arriba.

Situación: concello de Padrón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,500 km, coa orixe na cela de liña existente do C.T. Pedreira II (expediente IN407A 2006/476) correspondente á L.M.T. PAD-805, con condutor tipo R.H.Z.1.-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final no C.T. Estramundi de Arriba proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado de potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV.

Rede de baixa tensión subterránea (R.B.T.S.), cunha lonxitude de 1,540 km, coa orixe no C.T. proxectado e no paso aero-subterráneo no apoio n.º 62 proxectado, con condutor tipo X.Z.1-0,6/1 kV-4(1×240) mm² Al.

Rede de baixa tensión aérea (R.B.T.A.), cunha lonxitude de 1,108 km, coa orixe nos pasos aero-subterráneos nos apoios n.º 2, 21, 27, 32, 44, 56, 62 e 63 proxectados, con condutores tipo R.Z., e sobre apoios de formigón. Concello de Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de febreiro de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña