1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).
b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou na web:
www.contratosdegalicia.es.
c) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 74 56. Fax: 981.54 01 18. Caixa de correo:
contratosareatraballo@xunta.es
2. Obxecto do contrato: realización dun servizo de coordinación, xestión e seguimento da execución do proxecto NACCE, que se concretará, entre outras accións, na realización de actividades formativas, dinamizadoras, estudos e organización de diversos foros, no marco do proxecto NACCE, cofinanciado polo Programa de cooperación transfronteiriza España- Portugal 2007-2013.
3. Execución do contrato: o prazo de execución iniciarase o día seguinte ao da sinatura do contrato, con finalización máxima do 31 de decembro de 2012.
4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
5. Criterios de adxudicación: véxase cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
6. Orzamento base de licitación: 113.406,80 €, 20.413,20 € (IVE 18%). Total: 133.820,00 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 75%, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2012, eixe prioritario Fomento da competitividade e promoción do emprego.
7. Valor estimado do contrato: 113.406,80 €.
8. Garantía exixida: definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
9. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira/Solvencia técnica e profesional: véxase cláusula 5.3 do PCAP.
10. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.
c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no PCAP.
11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da Consellería situada no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, no décimo día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.
Anunciarase no perfil de contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.
12. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar