Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12243

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 2167, no artigo 80. Menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais, no que se establece:

«Os expedientes de menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais pasarán directamente á fase de ditame proposta cun grao de dependencia en grao III, nivel 2, sen necesidade de aplicación do baremo establecido normativamente»; deberá dicir: «Os expedientes de menores de tres anos que utilicen medidas de soporte para funcións vitais (alimentación parenteral exclusiva e respirador mecánico) pasarán directamente á fase de ditame proposta cun grao de dependencia en grao III, nivel 2, sen necesidade de aplicación do baremo establecido normativamente».