Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e bases reguladoras, para cobertura en propiedade, dunha praza do posto de Inspector de Policía Local no Concello de Arteixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 51, con data do 14 de marzo de 2012, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, da seguinte praza,

Convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de concurso-oposición para cobertura en propiedade, dunha praza do posto de inspector de Policía Local do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público 2011.

As instancias polas que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao señor alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 19 de marzo de 2012.

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente