Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO sobre a publicación das bases de selección para cubrir catro prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPDEPO) n.º 231, con data do 1 de decembro de 2011, procedeuse á publicación das bases de selección para cubrir catro (4) prazas da categoría de policía, integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do Corpo da Policía Local do Concello do Porriño, tres (3) polo sistema de oposición libre e a restante (1) polo sistema de concurso de méritos para a quenda de mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por este anuncio convócanse as probas selectivas para a cobertura das prazas anteriormente descritas e faise saber que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio relativo a esta convocatoria no BOE.

O Porriño, 7 de marzo de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde