Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2012/70-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T.1, C.T.2 Sixalde-rúa Curros Enríquez.

Situación: Moaña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 114 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T.S. CAG804, entre os C.T. 36CKP5 e 36CJS6, unha vez entre e saia do C.T.1 e do C.T.2 proxectados Sixalde. Centro de transformación 1 (C.T.1) de 400 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V e centro de transformación 2 (C.T.2) de 630 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situados ambos, na planta baixa do mesmo edificio, na rúa Curros Enríquez, Moaña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra