Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14751

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 114/2012, do 20 de abril, polo que se nomea director da Axencia Galega de Innovación a Ricardo Capilla Pueyo.

En virtude do establecido no artigo 17.2 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, e nos artigos 4.13.º e 34.2.º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Economía e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de dous mil doce,

Nomeo director da Axencia Galega de Innovación a Ricardo Capilla Pueyo.

Santiago de Compostela, vinte de abril de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria