Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia-Aceag.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia-Aceag, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses profesionais dos seus asociados e funcións complementarias.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas que estean incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, e domiciliadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Titulares dos órganos de goberno e representación: Paulino Franco Cantón, Francisco Javier Pérez Bello, M.ª Paloma Sobrino Butragueño, José Manuel Martínez Rodríguez, Juan José Caínzos Sanmartín, Aurelio Cruz Núñez, Luis José Fraga Ameneiros, M.ª Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego, Cristina Goás Casal, Rosa M.ª Triay López e Eliseo Calviño Lema.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego