Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador INC-LU-0011/2012-MP.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 26 de marzo de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0011/2012-MP.

Persoa interesada: José Manuel Rubio Queipo.

Acto notificado: incoación.