No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Sala do Contencioso-Administrativo, tramítase o recurso número 940/2011 (procedemento ordinario) interposto por Gustavo A. Varela Añón contra silencio administrativo presunto da Compañía de Radio-Televisión de Galicia fronte ao recurso de reposición de data 20 de febreiro de 2011, no cal se interesaba a modificación da titulación exixible para as prazas de redactor, no sentido de que poidan participar nelas os titulados en Ciencias da Información, rama de Comunicación Audiovisual.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.
Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da Compañía de Radio-Televisión
de Galicia e as súas sociedades