Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14937

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012 pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2012 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, procédese a publicar a presente resolución.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2012.

1. Para o seu financiamento, a Consellería de Traballo e Benestar, para o exercicio 2012, ten previsto un crédito para axudas especiais para traballadores afectados por regulación de emprego, na aplicación 12.05.322B.480.2, coa seguinte dotación orzamentaria:

Anualidade 2012:

12.05.322B.480.2, código de proxecto 2008 00 793: 166.758,72 euros.

12.05.322B.480.2, código de proxecto 2011 00 892: 103.649,00 euros.

Total Importe: 270.407,72 euros.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución, observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Prazos de solicitude.

O prazo de solicitude destas axudas especiais será o establecido no artigo 9 da Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

Disposición derradeira única.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Ana María Díaz López
Directora xeral de Formación e Colocación