Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15404

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (645/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 645/2009, seguido neste xulgado, se ditou a sentenza que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o vinte e dous de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 645/2009 seguidos por instancia de María José García Pérez, Ana María Angeriz Rodríguez e Mercedes Pampín Varela, asistido polo seu letrado Sr. Grobas Blanco, contra a empresa Procorsa, S.L., en rebeldía procesual, non comparece o seu administrador concursal, e contra o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por María José García Pérez, Ana María Angeriz Rodríguez e Mercedes Pampín Varela, asistidas polo seu letrado Sr. Grobas Blanco, contra a empresa Procorsa, S.L., en rebeldía procesual, non comparece o seu administrador concursal, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar a María José García Pérez a cantidade de 4.601,51 euros, a María Pampín Varela a cantidade de 1.919,07 euros e a Ana María Angeriz Rodríguez a cantidade de 2.830,73 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle corresponda respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Procorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial