Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15478

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover dúas prazas de axudantes de museo, unha praza de maquinista-condutor e unha praza de oficial da Unidade de Mantemento do cadro de persoal funcionario, reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 65, do 19 de marzo de 2012, publícanse a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, promoción interna, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2011 que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: dúas. Denominación: axudante-museo, escala Administración especial, subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Número de vacantes: unha. Denominación: maquinista-condutor, escala Administración especial, susbescala servizos especiais, persoal de oficios, oficial. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C2.

Número de vacantes: unha. Denominación: oficial da Unidade de Mantemento, escala Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios, oficial. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no Boletín Oficial da provincia número 65, do 19 de marzo de 2012 (páxs. 14, 15 e 16).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación e na páxina web desta corporación.

Lugo, 27 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 16.3.2012)
Juan José Díaz Valiño
Deputado delegado de Cooperación e Asistencia aos Concellos

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario da Deputación Provincial de Lugo