Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza vacante de enxeñeiro de edificación, incluída na oferta de emprego público deste concello.

Por Resolución da Alcaldía, do 27 de marzo de 2012, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria da praza que se cita e publícanse integramente no BOP (praza que se amortiza, que pasa a ser de arquitecto técnico/aparellador municipal a arquitecto ou enxeñeiro de edificación, un cambio adaptado ás novas titulacións do sector).

Primeira. Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir unha praza de enxeñeiro de edificación.

Segunda. Número e características da praza convocada.

– 1 praza de enxeñeiro de edificación, por quenda de promoción interna.

Terceira. Sistema de selección.

Establécese o sistema de concurso-oposición por promoción interna.

Catoira, 3 de abril de 2012.

Alberto García García
Alcalde