Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de bases específicas e convocatoria de prazas de funcionarios e persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial de provincia de Lugo número 75, do 30 de marzo de 2012, publicouse resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte procedemento selectivo:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 12002048. 1 praza de técnico/a superior en informática, encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C1. Sistema selectivo: oposición.

Lugo, 30 de marzo de 2012.

José Clemente López Orozco
Alcalde