Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16341

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de maio de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O artigo 7.2. a) do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia establece que o concurso de traslados constitúe o sistema normal de provisión definitiva de postos de traballo.

O artigo 14.2.6 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia atribúe ao/á conselleira competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de traslados.

Existindo nas relacións de postos de traballo vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, esta consellería, en uso das competencias que ten atribuídas, logo de negociación coas organizacións sindicais, resolve convocar concurso de traslados para a provisión dos postos de traballo reservados aos grupos I, II, III e IV do V convenio colectivo que se especifican no anexo II desta orde, de conformidade coas seguintes bases:

I. Participantes e requisitos para a participación.

I.1. Poderá participar neste concurso:

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia en activo unha vez transcorridos dous anos desde que accedese ao posto que viña desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación en cuxo caso no se exixirá permanencia.

A toma de posesión no posto adxudicado en execución de sentenza ao persoal laboral fixo das categorías 80 e 100 do grupo lIII, e da categoría 33 do grupo IV non interromperá o prazo de dous anos establecido no parágrafo anterior.

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia en excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o primeiro ano de permanencia nesa situación.

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia en excedencia voluntaria por incompatibilidade, agás o que a solicitase tras superar o proceso selectivo derivado da oferta de emprego público do ano 2005 (disposición transitoria décimo primeira do V convenio colectivo ).

I.2. Está obrigado a participar neste concurso:

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV removido dun posto de libre designación.

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV reingresado con carácter provisional desde a situación de excedencia. O incumprimento da obriga de participar determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

– O persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV a disposición do secretario xeral ou adscrito provisionalmente a un posto por amortización do seu destino definitivo.

A obriga de participar do persoal incluído nos tres apartados anteriores esténdese a todas as prazas da súa categoría profesional.

I.3. Non poderá participar neste concurso:

O persoal dos grupos I, II, III e IV que accedeu a condición de persoal laboral fixo na convocatoria derivada da oferta de emprego público do ano 2005, xa se atope en destino provisional, adscrición provisional por reingreso, adscrición provisional por supresión do posto, suspensión de contrato ou en excedencia voluntaria. A este persoal se lle ofertarán as vacantes existentes tras a resolución do concurso.

I.4. Os aspirantes interesados en participar na presente convocatoria deberán posuír os requisitos e pertencer á categoría profesional sinalada na relación de postos de traballo para desempeñar a vacante á que pretenden acceder.

Excepcionalmente:

– Poderá solicitar postos de calquera categoría profesional, o persoal laboral fixo dos grupos I, II, III e IV que se atope en excedencia voluntaria por incompatibilidade e non poida reingresar ao servizo activo por non existir posto de traballo reservado á súa categoría de pertenza, por estar reservado a corpo o escala de funcionarios na correspondente relación de postos de traballo ou por estar amortizados ou declarados a extinguir nas correspondentes relacións de postos de traballo (disposición transitoria cuarta do V convenio colectivo).

– Poderá solicitar postos da categoría profesional ao que estea adscrito, o persoal laboral dos grupos I, II, III e IV adscrito temporalmente por causa de saúde ou tras ser declarado en situación de incapacidade permanente para a profesión habitual (artigo 7.2 a) 1 do V convenio colectivo).

II. Postos ofertados e fases de resultas.

II.1. Os/as interesados/as poderán solicitar os postos relacionados no anexo II por orde de preferencia.

II.2. Así mesmo, os/as traballadores/a que o desexen poderán solicitar os postos da súa categoría profesional que resulten vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no anexo II. A adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo II e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

III. Solicitudes de participación e documentación que debe acompañala.

III.1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará a disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e posteriormente validalos e confirmalos. A solicitude deberá presentarse no prazo de 25 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, nos rexistros xerais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.2. Na dita instancia faranse constar, por orde de preferencia, as vacantes incluídas no anexo II sempre que se reúnan os requisitos esixidos para o seu desempeño.

III.3. Na instancia tamén se fará constar a participación na fase de resultas indicando:

a) Si optan unicamente a prazas de xornada completa doce meses ao ano.

b) As consellerías por orde de preferencia. Se non especifica ningunha consellería utilizarase a orde de prelación fixada na instancia.

c) Unha localidade podendo indicar a preferencia por un centro en concreto dentro desa localidade. Si se sinala a preferencia para un centro en concreto e non se sinala localidade, en caso de non obter posto nese centro non se adxudicaría en ningún outro.

III.4. Os/as traballadores/as con algunha discapacidade poderán pedir na súa solicitude a adaptación do posto ou postos de traballo solicitados. Á solicitude deberase xuntar un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuído o posto ou os postos solicitados (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

III.5. Os/as traballadores/as que non teñan destino definitivo na mesma localidade que o seu cónxuxe ou parella de feito poderán alegar razóns de unificación familiar se como consecuencia da resolución do concurso o posto de traballo de ambos os dous cónxuxes ou membros da parella de feito quedase radicado na mesma localidade ou en localidade de concello limítrofe ou en distancias non superiores a 30 quilómetros.

O/a aspirante achegará xunto coa solicitude de participación:

a) Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

b) Certificado expedido polo/a xefe/a de persoal do centro directivo onde o cónxuxe ou parella de feito preste servizos.

c) Informe de vida laboral ou certificado acreditativo da alta no réxime de traballadores por conta allea ou autónomos no que conste a localidade onde o conxuxe ou parella de feito desenvolve a súa actividade.

As concorrencia de razóns de unificación familiar será causa de adxudicación preferente na fase de resultas.

III.6. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o/a peticionario/a e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obteña outro destino definitivo mediante convocatoria pública antes de rematar o prazo de toma de posesión. Así mesmo, e con carácter excepcional, poderase renunciar á participación no concurso, antes de rematar o prazo de reclamación das listas provisionais, sempre que exista causa de forza maior debidamente acreditada que, en todo caso, será libremente apreciada pola comisión de valoración.

III.7. Todo o procedemento correspondente a este concurso poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es).

IV. Documentación/xustificación dos méritos e demais circunstancias.

IV.1. Os méritos e demais requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Os méritos serán certificados polas unidades seguintes, de acordo co destino definitivo do/a traballador/a:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefe/a de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

– Servizos periféricos: xefe/a territorial ou funcionario/a responsable da área de persoal da xefatura territorial da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

IV.2. Para a xustificación dos méritos os/as interesados/as deberán presentar na súa unidade de persoal a documentación acreditativa dos méritos referidos no anexo I. Esta documentación deberá achegarse ás unidades de persoal do 30 de maio ao 18 de xuño de 2012.

Antes de solicitar a certificación, os participantes que así o desexen, poderán consultar o seu expediente persoal no Rexistro Central co fin de coñecer que méritos e circunstancias figuran no expediente e non precisan acreditación documental. O expediente persoal poderá consultarse na páxina web da Xunta de Galicia mediante a introducción dunha clave que será remitida ao teléfono móbil ou correo electrónico sinalado polo/a interesado/a na solicitude de participación no concurso. Se chegado o día 4 de xuño algún/ha interesado/a non a recibise, poderase poñer en contacto coa Dirección Xeral da Función Pública solicitando o seu envío.

IV.3. A unidade de persoal, con base na documentación achegada polo/a interesado/a e nos datos que figura no seu expediente persoal, deberá xerar a certificación electrónica, para o que a Dirección Xeral da Función Pública porá a súa disposición os medios informáticos axeitados. O prazo para expedir esta certificación será do 30 de maio ao 16 de xullo do 2012.

Unha vez emitida a certificación o/a interesado/a deberá asinala e remitila á Dirección Xeral da Función Pública ata o día 23 de xullo xunto coa documentación xustificativa (contratos, certificado de vida laboral, dilixencias de toma de posesión e cese, ...) de todos os méritos alegados, incluídos os que non tivesen que ser presentados ante a unidade de persoal.

No caso de que a certificación non fose emitida en prazo achegará xustificación documental de tela solicitado oportunamente.

IV.4. Os datos reflectidos na certificación serán os que terá en conta a/s comisión/s de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Os participantes no concurso deberán asegurarse de que na certificación figuran todos os méritos que pretenden facer valer. Calquera dato omitido polo/a interesado/a non poderá ser invocado por este/a para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e/ou dereitos.

IV.5. Calquera certificación que non reúna os requisitos ou que fose enviada polo/a interesado/a fóra do prazo establecido terase por non presentada, agás no suposto establecido no último parágrafo do punto IV.3.

V. Baremo de méritos, preferencia e criterios de desempate.

V.1. A resolución do presente concurso farase mediante a aplicación aos aspirantes do baremo de méritos que figuran como anexo I á presente convocatoria.

V.2. Terán preferencia para ocupar as vacantes adecuadas á súa categoría pola seguinte orde:

Primeiro. Os aspirantes adscritos temporalmente por remoción do posto obtido por concurso, de acordo co disposto no artigo 7.2.a).7 do V convenio colectivo.

Segundo. Os aspirantes declarados en situación de incapacidade permanente total e adscritos temporalmente polo procedemento regulado no artigo 7.4.c) do IV convenio colectivo único.

Terceiro. Os aspirantes adscritos temporalmente por causas de saúde; que só terán preferencia para acceder a postos da categoría profesional á que estean adscritos polo procedemento regulado no artigo 7.4.b) do IV convenio colectivo.

Cuarto. Os que acrediten a circunstancia de reunificación familiar, respecto dos postos que se adxudiquen na fase de resultas (artigo 7.2 a .1 do V convenio colectivo).

V.3. A orde de prelación dos aspirantes para ocupar cada unha das vacantes solicitadas virá dada pola valoración dos méritos recollidos na certificación tal e como se establece na base IV.

No caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á maior puntuación outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida no baremo que figura como anexo I. De persistir o empate resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra do sorteo que tivo lugar o 7 de febreiro de 2012 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro). En último lugar solventarase por sorteo entre os/as interesados/as.

VI. Comisión de Valoración.

VI.1. Para a resolución do presente concurso, a Conselleira de Facenda nomeará as comisións de valoración que considere necesarias.

VI.2. A/s comisión/s de valoración estará/n integrada/s por:

– Un/a presidente/a, que será o titular da Dirección Xeral da Función Pública ou persoa en quen delegue.

– Un/unha secretario/a, con voz e sen voto.

– Cinco vogais, dous dos cales serán representantes das organizacións sindicais presentes no Comité Intercentros.Os acordos da/s comisión/s adoptaranse por maioría dos seus membros.

VI.3. Os membros da/s comisión/s de valoración deberán absterse de participar cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderán ser recusados polas mesmas razóns.

VI.4. Co fin de acadar a necesaria coordinación entre as comisións de valoración, no suposto de existir máis dunha, todas actuarán baixo a dirección da número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e unificación poidan ser formuladas e solicitadas polas restantes comisións sobre a interpretación das bases da presente convocatoria así como sobre a aplicación do baremo, e elevar a proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

VI.5. Esta/s comisión/s terán a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

VII. Resolución.

VII.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos con indicación do lugar en que se atopan expostas.

VII.2. Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para emendaren, no seu caso, os defectos que motivaron a súa exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación destas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

VII.3. Unha vez transcorrido este prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpor reclamación previa á vía xudicial laboral ante o titular da Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII.4. Unha vez efectuada a proposta de valoración provisional de todos os méritos – para a adxudicación dos postos ofertados no anexo II – e dos méritos relacionados nos puntos I, II e III do apartado A) do baremo – para a adxudicación dos postos ofertados na fase de resultas – farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública. Os/as concursantes poderán formular as oportunas reclamacións, se é o caso, contra esta proposta ante esta dirección xeral no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación, que se presentarán no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais desta consellería, ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII.5. Examinadas e resoltas pola/s comisión/s as reclamacións, se é o caso presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso, que será resolta por unha orde da Consellería de Facenda, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

A adxudicación dos postos ofertados no anexo II e dos que resulten vacantes a consecuencia daquela adxudicación realizarase na mesma orde.

VII.6. Contra a orde dictada poderase interpor reclamación previa a vía xudicial laboral ante a Conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII.7. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obtivese outro destino definitivo mediante convocatoria pública.

Neste suposto deberase optar por un dos dous postos e comunicar a opción efectuada nos tres días seguintes á Dirección Xeral da Función Pública.

VII.8. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia non xerarán dereito a indemnización.

VIII. Incorporación ao posto de traballo.

VIII.1. Os aspirantes que obteñan algunha das vacantes solicitadas deberán cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, a contar desde a data que se faga constar na orde pola que se resolva o concurso. O prazo para tomar posesión do novo posto de traballo será de tres días a partir do seguinte ao cese no anterior posto se o destino do novo posto non implica cambio de residencia habitual do concursante ou dun mes se implica cambio de residencia. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está a gozar dun período de licencia, vacación ou permiso, o cómputo comezará ao día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

VIII.2. No suposto de que a vacante estea ocupada por un/ha contratado/a laboral temporal, de conformidade co disposto no artigo 34.1.b) do V convenio colectivo, o cesamento e a toma de posesión do/a adxudicatario/a suspenderase ata que o substituto cumpra o período establecido no Real decreto 1194/1985.

Contra a dita orde pódese interpoñer reclamación administrativa previa a la vía xudicial laboral ante a Conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Conselleira de Facenda
Elena Muñoz Fonteriz

ANEXO I
Baremo de méritos

A) Méritos xerais.

I. Servizos prestados:

I.1 Servizos prestados en idéntica categoría profesional como persoal laboral en calquera Administración Pública: 0,20 puntos/mes.

Considéranse categorías idénticas todas as homologadas que se inclúen baixo un mesmo número no anexo II-A do V convenio colectivo.

I.2 Servizos prestados en distinta categorías profesional como persoal laboral en calquera Administración Pública: 0,10 puntos/mes.

II. Permanencia.

Por cada mes desde a adxudicación do último posto obtido con carácter definitivo; por cada mes desde adscrición provisional por reingreso, amortización do posto de traballo ou cese por libre designación; ou desde que quedou a disposición do secretario xeral técnico ou secretario xeral: 0,25 puntos.

A toma de posesión no posto adxudicado en execución de sentenza ao persoal laboral fixo das categorías 80 e 100 do grupo lIII, e da categoría 33 do grupo IV non interromperá o prazo de permanencia.

III. Coñecemento da lingua galega.

– Celga 3 ou equivalente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística: 0,75 puntos.

– Celga 4 ou equivalente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística: 1 puntos.

– Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 1,5 puntos.

– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 2 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

IV. Formación.

Cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Escola Galega de Seguridade Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar e os cursos de formación continua do AFCAP (Acordo de Formación Continua das Administracións Públicas), nas materias que a seguir se sinalan:

– Seguranza e saúde laboral.

– Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

– Igualdade de xénero.

– Informática: internet, correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo, bases de datos.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto por curso.

Non se valorarán os cursos en que non se acrediten as horas de duración nin as asistencias a xornadas, seminarios, e similares.

A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos.

V. Destino en distinta localidade.

V.1. Destino definitivo do/a traballador/a fora do concello onde radique a vacante: 3 puntos.

V.2. Destino definitivo do/a traballador/a fora da provincia onde radique a vacante: 5 puntos.

VI. Xornada inferior a ordinaria en computo anual.

Ocupación dun posto a tempo parcial ou fixo descontinuo cando se opte a un posto con xornada completa doce meses ao ano: 2 puntos.

B) Meritos especificados para postos concretos no anexo ii da orde pola que se convoca o concurso.

I. Titulación.

Posesión da titulación que especificamente se sinala no anexo II: 1,5 puntos.

II. Experiencia.

Experiencia adquirida no desempeño dun posto de traballo nas Administracións públicas: 0,20 puntos por mes.

III. Formación.

Cursos que versen sobre as materias que se sinalan no anexo II organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Escola Galega de Seguridade Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar e os cursos de formación continua do AFCAP (Acordo de Formación Continua das Administracións Públicas).

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos por curso.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto por curso.

Non se valorarán os cursos en que non se acrediten as horas de duración nin as asistencias a xornadas, seminarios, e similares.

A puntuación máxima en concepto de méritos específicos será de 3,50 puntos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Relación de concellos

CÓDIGO

CONCELLO

15001

A CORUÑA

15010

ABEGONDO

15060

ARZÚA

15070

A BAÑA

15090

BETANZOS

15100

BOIMORTO

15110

BOIRO

15120

BOQUEIXÓN

15130

BRIÓN

15190

CARBALLO

15230

CEE

15240

CERCEDA

15260

CESURAS

15290

CORISTANCO

15300

CULLEREDO

15310

CURTIS

15340

FENE

15350

FERROL

15390

LAXE

15410

LOUSAME

15430

MAÑÓN

15440

MAZARICOS

15450

MELIDE

15460

MESÍA

15490

MONFERO

15510

MUXÍA

15550

NEGREIRA

15560

NOIA

15570

OLEIROS

15580

ORDES

15590

OROSO

15600

ORTIGUEIRA

15620

OZA DOS RÍOS

15650

PINO, O

15660

POBRA DO CARAMIÑAL, A

15680

PONTEDEUME

15710

RIANXO

15760

SANTA COMBA

15770

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15800

AS SOMOZAS

15810

TEO

15920

ZAS

27001

LUGO

27010

ABADÍN

27020

ALFOZ

27030

ANTAS DE ULLA

27040

BALEIRA

27050

BARREIROS

27060

BECERREÁ

27070

BEGONTE

27080

BÓVEDA

27085

BURELA

27100

CASTRO DE REI

27120

CERVANTES

27140

CORGO, O

27150

COSPEITO

27160

CHANTADA

27180

FONSAGRADA, A

27190

FOZ

27200

FRIOL

27220

GUITIRIZ

27230

GUNTÍN

27240

INCIO, O

27260

LÁNCARA

27280

MEIRA

27290

MONDOÑEDO

27300

MONFORTE DE LEMOS

27310

MONTERROSO

27350

BARALLA

27360

NOGAIS, AS

27380

OUTEIRO DE REI

27400

PANTÓN

27410

PARADELA

27460

POBRA DE BROLLÓN, A

27480

PORTOMARÍN

27490

QUIROGA

27500

RIBADEO

27530

RIOTORTO

27540

SAMOS

27550

RÁBADE

27560

SARRIA

27570

SAVIÑAO, O

27640

VILALBA

27650

VIVEIRO

32001

OURENSE

32040

AVIÓN

32060

BANDE

32090

BARCO DE VALDEORRAS, O

32130

BOBORÁS

32170

CARBALLEDA DE AVIA

32180

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

32190

CARBALLIÑO, O

32210

CASTRELO DE MIÑO

32230

CASTRO CALDELAS

32260

COLES

32270

CORTEGADA

32280

CUALEDRO

32320

XINZO DE LIMIA

32330

GOMESENDE

32340

GUDIÑA, A

32350

IRIXO, O

32360

XUNQUEIRA DE AMBÍA

32390

LAZA

32400

LEIRO

32430

MACEDA

32470

MERCA,A

32520

NOGUEIRA DE RAMUÍN

32550

PADRENDA

32570

PEREIRO DE AGUIAR, O

32580

PEROXA, A

32620

POBRA DE TRIVES, A

32660

RAIRIZ DE VEIGA

32670

RAMIRÁS

32680

RIBADAVIA

32690

SAN XOÁN DE RÍO

32700

A RÚA

32740

SAN CRISTOVO DE CEA

32760

SANDIÁS

32770

SARREAUS

32800

TOÉN

32840

VERÍN

32850

VIANA DO BOLO

32870

VILAMARTÍN DE VALD.

32880

VILAR DE BARRIO

32900

VILARDEVÓS

36001

PONTEVEDRA

36030

BAIONA

36050

CALDAS DE REIS

36080

CANGAS

36090

CAÑIZA, A

36120

COTOBADE

36170

ESTRADA, A

36180

FORCAREI

36190

FORNELOS DE MONTES

36200

AGOLADA

36235

ILLA DE AROUSA, A

36240

LALÍN

36260

MARÍN

36290

MOAÑA

36340

NEVES, AS

36350

NIGRÁN

36380

PORRIÑO, O

36420

PONTEAREAS

36440

REDONDELA

36450

RIBADUMIA

36530

TOMIÑO

36540

TUI

36550

VALGA

36560

VIGO

36580

VILA DE CRUCES

36590

VILAGARCÍA DE AROUSA

36600

VILANOVA DE AROUSA

Relación de categorías ás que se abren os postos

GR./CATEG.

DESCRICIÓN

1/001

DIRECTOR/RESID. (ESTUDANTES, ANCIÁNS, XUVENIL ...) , TÉCN. E

1/002

TIT. SUP.MÉDICO, XERIATRA, MÉDICO CEI, MÉDICO ADXUNTO

1/004

TITULADOS SUPERIORES

1/006

TIT. SUP. PSICÓLOGO

1/010

TIT. SUP. BIÓLOGO

1/011

TIT. SUP. PEDAGOGO

1/014

TIT. SUP. SOCIÓLOGO

1/029

XEFE DEPARTAM. PERSOAL E XEST. ECON.-ADMINIST. IGAEM

1/040

TITULADO/A SUPERIOR LINGÜISTA

2/001

DIREC./ADM. (CTRO. SOCIAL, CASA XUVENT...), SECRET. RESID.

2/002

ATS//ENFERMEIRO//PRACTICANTE//DUE

2/003

ESTIMULADOR//PSICOMOTRICISTA

2/004

MESTRE INSTRUC.//INSTRUC.//MESTRE TALLER//MONITOR

2/005

PROF.//PROF.TIT.//PROF. EXB//MESTRE//PROF. EDUC.//MATE.

2/006

EDUCADOR//PROFESOR ESPECIAL

2/007

TIT. GRAO MEDIO

2/008

DIRECTOR GARDARÍA INFANTIL

2/009

AXUDANTE DE DESENVOLVEMENTO RURAL

2/011

FISIOTERAPEUTA

2/017

ASISTENTE SOCIAL

2/020

TERAPEUTA OCUPACIONAL

2/021

MONITOR OCUPACIONAL

2/025

DIVULGADOR

2/026

MONITOR (TIT. MEDIO)

2/030

TÉCNICO EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

2/040

MESTRE ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL

3/001

ENC. EQUIP. MEC.//MEC. SUPERV.//ENC. TALLERES

3/002

XEFE ADMON.//XEFE NEGOC.//ENCARGADO ADMVO.

3/003

CONTROLADOR PECUARIO//AXUDANTE TÉCNICO PECUARIO

3/004

GOBERNANTE//GOBERNANTE SERVIZOS DOMÉSTICOS

3/005

INTENDENTE//ENC. DE ESTABLECEMENTO//ENC. DE ALMACÉN

3/006

XEFE SERV. TECN.//ENC. DE MANT.//CONS. EDIF.//XEFE TALLER

3/007

TECN. PRACT. EN C. E VIXILANCIA DE O//TECN. AUX. OBRAS

3/008

ENCARGADO XERAL DA COTOP//ENC. PRINCIPAL DE OBRAS

3/009

ENCARGADO DE UNIDADE

3/011

ENCARGADO AGRARIO//ENCARGADO AGRARIO GANDARÍA

3/012

MESTRE DE TALLER

3/014

XEFE DE COCIÑA

3/017

ANALISTA DE LABORATORIO

3/043

ENC.ESTRUTURA ESCÉNICA//ENC. TALLER ESCENOGRAFÍA

3/046

TÉCNICO DE MAQUINAS DO IGAEM

3/049

AXENTE AUXIL.INSPEC.TRANSPORTES

3/050

TECN. ESPECIAL XARDÍN INFANCIA

3/063

OFIC. 1.ª CONDUC.//COND. 1.ª//COND. ALTOS CARGOS//COND. MEC.

3/064

OFICIAL 1.ª TRACTORISTA//TRACTORISTA//OPER. MAQUIN. PESADA

3/065

OFIC. 1.ª COCIÑA//OFIC. 1.ª COCIÑE.//XEFE COC. 2.ª//COCIÑE. 1.ª

3/066

AXUDANTE TALLER//ADXUNTO TALLER

3/067

CAPAT. OBRAS//CAPAT. CUADR.//XEFE EQUIPO//OFIC. 1 ª COTOP

3/068

PASTOR OFIC. 1.ª//MAIORAL//OFIC. 1.ª GAND.//OFIC. 1.ª CAMPO.

3/069

OFIC. SERVIZOS TECNIC.//OFIC. 1.ª MANTEM.//OFIC. 1.ª OFICIOS

3/071

OFICIAL PRIMEIRA XARDINEIRO

3/078

SUBGOBERNANTE

3/080

CAPATAZ DE ESTABLECEMENTO

3/086

OFICIAL 1.ª MECÁNICO

3/090

ANIMADOR SOCIOCULTURAL

3/094

TÉCNICO AUXILIAR EN IMAXE E SON

3/098

AUXILIAR DE LUCES

3/100

XEFE DE CUADRILLA DE DEFENSA CONTRA INCEND. FORESTAIS

3/103

ENTREVISTADOR(A)/ENQUISADOR(A)

3/104

INTERPRETE DE LINGUAXE DE SIGNOS

4/001

AUX. GRAVACIÓN//OFIC. 2.ª LINOTIP.//AUX. ADMIN.//OFIC. 2.ª

4/003

AUX. SANIT.//AUX. CLÍNICA//AUX. PSIQUIAT.//AUX. ENF.//COIDADOR

4/004

AUXILIAR FOGAR//COIDADOR AUX.//AUX. COIDADOR

4/005

OFICIAL 2.ª COCIÑA//COCIÑEIRO OFICIAL 2.ª

4/006

AXUDANTE SERVIZOS TÉCNICOS//OFICIAL 2.ª MANTEMENTO

4/007

GARDA XURADO FLUVIAL//GARDA EXPLOTACIÓN

4/009

OFICIAL 2.ª FAENAS AGRIC.//OFIC. 2.ª CAMPO//OFIC. 2.ª GAND.

4/011

AUXILIAR LABORATORIO

4/016

CONDUTOR

4/018

OFICIAL DE SEGUNDA

4/021

OFICIAL 2.ª CARPINTEIRO//AUXILIAR CARPINTARÍA

4/022

OFICIAL 2.ª REPROGRAFÍA

4/024

XASTRE

4/025

CARGADOR//TREMOIEIRO

4/030

AUXILIAR FORMACIÓN OCUPACIONAL

4/031

LEGOEIRO/A

4/032

OPERADOR/CODIF.DATOS DEFENSA CTRA. INCEND. FORESTAIS

4/033

CONDUTOR AUTOBOMBA DEFENSA CTRA. INCEND. FORESTAIS

4/035

AUXILIAR DE ARQUIVOS E BIBLIOTECAS

4/036

AUXILIAR DE MUSEOS

4/037

OFICIAL 2¬MECÁNICO MAQUINAS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORE.

4/039

AUXILIAR DE AUTOPSIAS

4/040

OFICIAL 2.ª FORESTAL