Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de publicación das bases para a provisión dunha praza de traballador/a social.

No BOP de Lugo número 93, correspondente ao día 23 de abril de 2012, publícanse integramente as bases para a provisión dunha praza de traballador/a social, do cadro de persoal funcionario deste concello, acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse únicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Begonte, 24 de abril de 2012.

José Ulla Rocha
Alcalde