Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18321

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Por Resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG n.º 207, do 28 de outubro), da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Esta primeira inscrición formalízase para as seguintes categorías sanitarias de formación profesional de grao superior:

1. Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.

2. Técnico/a superior en radioterapia.

3. Técnico/a superior en hixiene bucodental.

4. Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico.

5. Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 30.11.2011 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 8 de febreiro de 2012 (DOG n.º 32, do 15 de febreiro) publícanse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior).

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos seus resultados mediante unha listaxe definitiva de excluídos/as e admitidos/as.

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas.

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación destas listas definitivas.

Ademais, por medio desta resolución publícanse tamén os resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos dos/as aspirantes e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida.

As persoas aspirantes admitidas, e só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das listas provisionais.

As listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a lista coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde