Unha vez finalizado o prazo fixado pola Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG n.º 35, do 20 de febreiro), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/polos interesadas/os, a Comisión Permanente Central acordou, na reunión do 3 de maio de 2012, elevar a correspondente proposta, polo cal, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a actualización definitiva de méritos, con indicación da puntuación total, unha vez incluídos os novos méritos dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes aos corpos e ás escalas que se especifican no anexo I desta resolución e dos incluídos nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As listas atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poden consultarse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe «Función pública».
Segundo. Contra esta resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1.º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
206K |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206L |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A1 |
2060 |
Corpo superior de administración da Xunta de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos/as |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as agrónomos/as |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as industriais |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as de minas |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios/as |
A1 |
2068 |
Escala de biólogos/as |
A1 |
2069 |
Escala de químicos/as |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos/as |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala técnica de inspección de consumo |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as forestais |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos/as |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais |
A2 |
2076 |
Escala de topógrafos/as |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatística |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos subacuáticos e hiperbáricos |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes |
C2 |
2054 |
Escala de axentes forestais |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a |
I |
004 |
Titulado/a superior |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a |
I |
014 |
Titulado/a superior sociólogo/a |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior) |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a |
I |
023 |
Documentalista |
I |
027 |
Coordinador/a de actividades externas |
I |
029 |
Xefe/a do Departamento de Persoal e Xestión Económico-administrativa do IGAEM |
I |
030 |
Relacións públicas do IGAEM |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a da Casa da Xuventude. Subdirector/a de residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial |
II |
007 |
Titulado/a grao medio |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
011 |
Fisioterapeuta |
II |
017 |
Asistente social |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio). |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional |
II |
038 |
Perito-xudicial diplomado/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2.ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG |
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a de servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
III |
030 |
Programador/a |
III |
033 |
Encargado/a supervisor/a de telefónica |
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
III |
037 |
Técnico/a de son |
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
III |
040 |
Axudante/a de produción |
III |
045 |
Técnico/a de luces |
III |
049 |
Axente auxiliar de inspección transportes |
III |
050 |
Técnico/a especialista de xardín de infancia |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
III |
063 |
Oficial 1.ª condutor/a, condutor/a 1.ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial/a 1.ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1.ª cociña, oficial 1.ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1.ª |
III |
066 |
Axudante taller, adxunto/a taller |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1.ª obra COTOP. Capataz |
III |
068 |
Oficial 1.ª agrario, capataz agrario |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1.ª mantemento, oficial 1.ª oficios varios, oficial de primeira |
III |
078 |
Subgobernante/a |
III |
080 |
Capataz de establecemento |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores) |
III |
097 |
Auxiliar de son |
III |
098 |
Auxiliar de luces |
III |
101 |
Proxeccionista |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial/a 2.ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2.ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2.ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial 2.ª cociña, cociñeiro/a oficial 2.ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2.ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
IV |
009 |
Oficial 2.ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial/a 2.ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
IV |
022 |
Oficial/a 2.ª en reprografía |
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
IV |
024 |
Xastre/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
IV |
028 |
Auxiliar produción-dirección |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
001 |
Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a de xardín |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno |
Grupos e categorías do persoal laboral
dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais
e de persoal do Pladiga
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Xefe/a de cuadrilla de defensa contra incendios forestais |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais |
IV |
037 |
Oficial 2.ª mecánico/ca de defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais |
V |
014 |
Peón/oa de defensa contra incendios forestais |
V |
14A |
Peón/oa condutor/a de defensa contra incendios forestais |