Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19861

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Presidencia do Parlamento de Galicia, relativa ao acordo da Comisión de Peticións, sobre o desempeño das funcións do Valedor do Pobo interinamente polo vicevaledor 1.º.

A Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia, na reunión do 24 de maio de 2012, acordou que o desempeño das funcións do Valedor do Pobo se realice interinamente polo vicevaledor 1.º (artigo 5.4 da Lei 3/1994, do 18 de xullo), José Julio Fernández Rodríguez.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia