Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21481

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Turismo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012.

M. Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo

ANEXO

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a celebración do 13.º Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2012

35.000

25.1.2012

Convenio de colaboración co Concello de Lalín para a celebración da XVIII Gala Gastronómica Premios Álvaro Cunqueiro

38.000

9.2.2012

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Deputación de Ourense para a execución do proxecto de sinalización provincial turística xeral e especial dos límites fronteirizos

140.000

16.4.2012

Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

20.000

28.4.2012

Convenio de colaboración coa Universidade da Coruña

20.000

28.4.2012

Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo

20.000

28.4.2012