Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21494

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de maio de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Aula Estudio, do concello de Vigo.

A representante da titularidade do centro privado Aula Estudio, do concello de Vigo, solicita a modificación da autorización consistente na supresión do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos e na autorización do ciclo formativo de grao medio de Instalacións de Telecomunicacións e do ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web.

A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir o ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, no centro privado Aula Estudio, de Vigo.

Segundo. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Instalacións de Telecomunicacións e o ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Aula Estudio.

Código do centro: 36024392.

Domicilio: r/ Santa Marta Interior, s/n.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Aula Estudio Formación Práctica, S.L.

Composición resultante:

• Quenda de mañá:

CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

CM Instalacións de Telecomunicacións (1 unidade para 20 alumnos/as).

CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (1 unidade para 20 alumnos/as).

• Quenda de tarde-noite:

CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

CM Instalacións de Telecomunicacións (1 unidade para 20 alumnos/as).

CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (1 unidade para 20 alumnos/as).

Terceiro. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria