Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21499

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se implantarán en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso 2012-2013.

Advertido un erro na publicación da resolución que se cita, efectuada no DOG n.º 100, do luns, 28 de maio de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Débese engadir o anexo seguinte:

ANEXO V
Guía para a elaboración da memoria da actividade do curso 2012-2013

1. Xustificación das variacións introducidas respecto ao programa presentado, se as houber.

2. Resultados da avaliación realizada seguindo os indicadores e instrumentos recollidos no programa presentado para os seguintes criterios:

Cumprimento dos obxectivos.

Aproveitamento da formación.

Desenvolvemento das competencias profesionais.

Implicación do profesorado.

Coordinación entre o equipo interno e o equipo externo.

Aplicación da formación na aula.

Impacto na aula.

Expectativas de continuidade.

Grao de satisfacción do equipo interno co traballo realizado.

Outros (indicar).

3. Proposta de continuidade para o seguinte curso, se procede, e posibles modificacións respecto a:

• Obxectivos.

• Contidos.

• Actividades: modalidades e temporalización.

• Metodoloxía de traballo.

• Orzamentos.

• Relación de profesores participantes.