Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1295/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1295/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Sánchez Seijas contra a empresa Pinturas Lume, S.L. Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando integramente a demanda interposta por Antonio Sánchez Seijas, debo condenar e condeno a empresa demandada, Pinturas Lume, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.777,35 euros, máis o 10% de xuro por mora.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario empresa Pinturas Lume, S.L. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial