Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22543

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.322C.481.4 ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Convocatoria: Orde do 26 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

TR 358A Subvencións para sufragar os gastos de organización interna
e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos

Entidade beneficiaria

Concedido (2011)

Aplicación orzamentaria

Asoc. Intersectorial Autónomos e Pequenas Empresas

19.324,74

12.04.322C.481.4-201100662

Asoc. Traballadores Cuenta Propia Comu Galic

40.000,00

12.04.322C.481.4-201100662

Federación de Autónomos de Galicia

40.000,00

12.04.322C.481.4-201100662

Federación de Profesionais. e Autónomos de Galicia-Oap

28.895,59

12.04.322C.481.4-201100662

Opa Galicia

31.779,67

12.04.322C.481.4-201100662

Unión de Prof. e Trab. Autónomos de Galicia

40.000,00

12.04.322C.481.4-201100662