Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22752

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 29 de maio de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2012

Academia Galega de Seguridade Pública e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Formación específica dos membros da unidade de policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia

20.1.2012

25.000,00 €

25.000,00 €

Academia Galega de Seguridade Pública e a Escola Galega de Administración Pública

Participación nas actividades da EGAP do persoal da AGASP e colaboración conxunta para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

24.1.2012

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Oleiros

Formación continua do corpo de Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Oleiros

29.2.2012

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

Formación do persoal da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vinculado á vixilancia e á seguridade

26.4.2012

Sen achega económica