Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23053

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a varias encomendas de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios (Tragsatec), subscritas no exercicio 2012.

1. Encomenda de xestión para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas con procedementos de avaliación ambiental.

– Actividade. Apoio á análise dos proxectos e dos documentos e anexos que forman parte dos procedementos de avaliación ambiental, de xeito que se poidan valorar as consecuencias que van ocasionar no ambiente as actuacións descritas nestes expedientes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 10 de abril de 2012 e rematará o 31 de decembro de 2012.

2. Encomenda de xestión para a prestación de apoio xurídico aos labores da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Actividade. Apoio técnico e administrativo nas actividades derivadas da posta en marcha do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 9 de abril de 2012 e rematará o 31 de decembro de 2012.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e encádrase no tema prioritario 3.44 (xestión dos residuos domésticos e industriais).

3. Encomenda de xestión para a análise, xestión e control de expedientes produtores e xestores de residuos cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Actividade. Apoio técnico e administrativo en parte das funcións desenvolvidas pola Subdirección Xeral de Residuos e Solos Contaminados. Este apoio céntrase nos expedientes relativos aos produtores e xestores de residuos e no desenvolvemento dunha plataforma SIX relativa á xestión de residuos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 9 de abril de 2012 e rematará o 31 de decembro de 2012.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e encádrase no tema prioritario 3.44 (xestión dos residuos domésticos e industriais).

4. Encomenda de xestión para a predición do clima, seguimento do estado ecolóxico das augas, cambio climático e calidade do aire, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Actividade. Apoio técnico e administrativo en parte das funcións desenvolvidas pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación. Este apoio céntrase nos traballos relativos á predición e difusión meteorolóxica, control da calidade do aire e mantemento e xestión da Rede de calidade do aire.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 9 de abril de 2012 e rematará o 31 de decembro de 2012.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose nos temas prioritarios 3.47 (calidade do aire), 3.48 (prevención e control integrados da contaminación) e 3.53 (prevención de riscos).

5. Encomenda de xestión para o apoio do observatorio mariño da marxe ibérica e do litoral.

– Actividade. Consolidar a oceanografía operacional na marxe ibérica e litoral da Eurorexión Norte de Portugal-Galicia para producir información oceanográfica e meteorolóxica de cara á xestión e explotación de recursos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 31 de maio de 2012 e rematará o 31 de xaneiro de 2014.

6. Encomenda de xestión para o apoio nas tarefas de tomas de mostras e análises asociadas á explotación das redes de control de substancias perigosas en augas continentais, costeiras e de transición.

– Actividade. Mantemento da Rede de observación ambiental de Galicia, que prevé o deseño e coordinación da rede de mostraxe e, en particular, a recolla de mostras en ríos e encoros e outra actividade clave, como é a análise en laboratorio do conxunto de mostras recollidas, ás que se suman as relativas á calidade do aire no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 31 de maio de 2012 e rematará o 31 de xaneiro de 2014.

– Modalidade de financiamento. Con fundamento no Regulamento 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no Programa operativo Feder 2007-2013 para Galicia e na Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables, o proxecto descrito é susceptible de ser financiado con cargo a créditos elixibles, encadrándose correctamente no tema prioritario 3.48.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas