Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato de xestión de servizos públicos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: 11/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto.

b) Descrición do obxecto: acollemento residencial en réxime de atención de día, de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 8 prazas.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 27 do 18 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 51,50 € (con IVE 8%: 55,62 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE 8%: 71,33 €) y prazas de día: 43,50 € (con IVE 8%: 46,98 €). (Orzamento máximo inicialmente previsto 156.117,30 €. IVE 8%: 12.489,38 €. Total: 168.606,68 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de abril de 2012.

b) Data de formalización: 18 de abril de 2012.

c) Contratista: Fillas do Divino Celo-Rogacionistas.

d) Importe unitario de adxudicación: prazas xerais: 7 a 51,50 € por praza ocupada/día. IVE exento. Prazas especiais: 1 a 66,05 € por praza ocupada/día. IVE exento. Orzamento adxudicado: 104.504,75 €. IVE exento.

e) Nacionalidade: española.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser no seu conxunto (oferta técnica e económica) a máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar