Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26318

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xuño de 2012 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 18.2 que a implantación das titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional e dos respectivos novos currículos comezará no ano académico 2007-2008 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sen prexuízo da súa actualización permanente, de acordo coas exixencias do Sistema nacional das cualificacións e da formación profesional.

No número 3 do dito artigo establécese que mentres non se produza a implantación regulada no punto anterior seguirán vixentes as titulacións e os currículos derivados da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, regula no seu artigo 24 as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior.

A Orde do 12 de xullo de 2011 regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en substitución dos establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede convocar a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas.

Por todo o anterior, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6° da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursara as ensinanzas dos ditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de ciclos formativos para os que se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2012-2013 e a dos centros públicos en que se realizarán as ditas probas figuran no anexo desta orde.

2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:

A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

3. Poderán ser obxecto de avaliación nas ditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 8 desta orde.

4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.

5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos, poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.

No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.

Artigo 2. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofreceran as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción, de acordo co seguinte:

a) As persoas aspirantes que cursaran o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estivesen matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, rexerase polo disposto na alínea b).

b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fai referencia anteriormente.

2. Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:

a) Para a primeira convocatoria: do 10 ao 20 de xullo de 2012.

b) Para a segunda convocatoria: do 10 ao 20 de maio de 2013.

3. Os modelos de solicitude axustaranse aos establecidos nos anexos II e III da Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG do 28 de xuño), para ciclos de grao medio e de grao superior, respectivamente. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.

4. Os centros farán pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización do prazo correspondente. Poderase presentar reclamación no prazo máximo de tres días hábiles.

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde correspondentes a un título de técnico ou de técnico superior extinguido, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Cumprir os requisitos académicos de acceso directo ou mediante proba aos ciclos formativos correspondentes de grao medio ou superior, establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos que se convocan probas libres de módulos profesionais.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

d) Consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, durante o período de vixencia da matrícula, unha persoa non poderá estar matriculada simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades á distancia, semipresencial ou presencial, así como nas probas para a obtención deste.

Artigo 4. Elaboración, contido e estrutura das probas

1. En cada centro dos que se recollen no anexo constituirase unha comisión de avaliación formada polo profesorado dos departamentos correspondentes, que deseñará as probas para cada un dos módulos profesionais do ciclo formativo, agás o de formación en centros de traballo.

A dita comisión estará presidida polo xefe ou a xefa do departamento da familia profesional a que pertenza o ciclo formativo.

2. As probas axustaranse aos currículos dos ciclos formativos que se extinguen e abranguerán contidos teóricos e prácticos que permitan evidenciar, a través dos criterios de avaliación correspondentes, se a persoa aspirante alcanzou os obxectivos específicos establecidos para cada módulo en relación cos obxectivos xerais do ciclo formativo.

3. A estrutura da proba, o procedemento e os criterios de avaliación deberanse publicar no taboleiro de anuncios do centro cunha antelación mínima de dous días con respecto ao comezo da realización das probas.

4. Cada módulo profesional será avaliado por un único membro do profesorado, que asinará as actas de avaliación correspondentes.

Artigo 5. Validación de módulos profesionais

1. As persoas aspirantes admitidas para a realización das probas poderán ter dereito ás validacións de módulos profesionais de ciclos formativos a que se fai referencia nas letras a), b) e c) do punto 2 da disposición transitoria segunda da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Así mesmo, as persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados ante o director ou a directora do centro educativo.

2. Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar expresamente no momento de presentar a solicitude de inscrición para as probas, para o que cumprirá xuntar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para a obter.

Artigo 6. Cualificación final das probas libres

1. A expresión da cualificación final obtida por cada aspirante en cada un dos módulos profesionais realizarase nos termos previstos no artigo 37 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

2. As persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra as cualificacións finais alcanzadas en cada módulo no centro en que se realizaran as probas, consonte o procedemento establecido no artigo 45.2 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. As reclamacións basearanse necesariamente nalgún dos aspectos recollidos no artigo 4.3 desta orde.

Artigo 7. Certificación

A superación das probas libres de módulos profesionais dará dereito a unha certificación individual por cada módulo superado, de acordo co establecido no artigo 43.4 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. O modelo de certificación será o establecido no anexo XI da devandita orde.

Artigo 8. Módulo de formación en centros de traballo en títulos extinguidos

1. O alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo logo de que se produza a extinción definitiva da docencia dun determinado ciclo formativo ou tras a realización dalgunha das dúas convocatorias a que se fai referencia no artigo 1 desta orde, poderá solicitar a súa realización nalgún dos prazos e dos períodos extraordinarios establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O módulo de formación en centros de traballo dun título extinguido poderá realizarse como máximo ata o seguinte curso académico ao da realización das convocatorias de probas previstas no artigo 1 desta orde.

3. A inscrición para solicitar a exención ou cursar o módulo de formación en centros de traballo realizarase polo réxime de proba libre nos mesmos centros a que se fai referencia no artigo 2.1 desta orde, sen prexuízo do establecido no artigo 1.4 desta orde.

4. Para ter dereito á exención do módulo de formación en centros de traballo, ademais do cumprimento dos requisitos xerais establecidos na normativa vixente, cumprirá ter superado o resto dos módulos profesionais do ciclo formativo. A documentación para presentar é a que se especifica no artigo noveno da citada Orde do 28 de febreiro de 2007. A exención da FCT resolverase logo de publicada a resolución das cualificacións definitivas do resto dos módulos profesionais.

5. Para o seguimento do módulo de formación en centros de traballo terase en conta o disposto na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo de formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 9. Titulación

As persoas interesadas que superen todos os módulos profesionais dun determinado ciclo formativo e superen o módulo de formación en centros de traballo ou sexan eximidas del, de acordo co establecido no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a expedición do título correspondente.

Nestes casos, os centros educativos realizarán a proposta de título polo réxime de «proba libre».

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para desenvolver esta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anexo
Convocatoria de probas libres de módulos profesionais para a obtención
de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990,
do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

Relación de ciclos formativos e centros públicos
Curso académico 2012-2013

Código ciclo

Ciclo extinguido LOXSE

Concello

Código centro

Centro

CM01002

CM Xardinaría

Bergondo

15001033

CFEA de Guísamo

Ponteareas

36007552

CIFP A Granxa

CS08001

CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

Betanzos

15001148

IES As Mariñas

A Coruña

15024513

CIFP Someso

Ferrol

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Ourense

32015050

CIFP A Farixa

Pontevedra

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

Santiago de Compostela

15027058

IES As Fontiñas

Vigo

36011634

IES Politécnico de Vigo

CS09001

CS Instalacións electrotécnicas

Betanzos

15001148

IES As Mariñas

A Coruña

15005269

IES Urbano Lugrís

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Moaña

36004745

IES A Paralaia

Ourense

32009116

IES 12 de Outubro

A Pobra de Trives

32015876

IES Xermán Ancochea Quevedo

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Vigo

36011634

IES Politécnico de Vigo

Viveiro

27013636

IES María Sarmiento

CS11004

CS Restauración

A Coruña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Foz

27020562

IES de Foz

Lugo

27016455

IES Sanxillao

Pontedeume

15025682

IES Fraga do Eume

Pontevedra

36020064

CIFP Carlos Oroza

Santiago de Compostela

15016000

CIFP Compostela

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

Vilamarín

32016285

IES de Vilamarín

CS13001

CS Industria alimentaria

A Coruña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Lugo

27016704

IES Leiras Pulpeiro

CS14001

CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas

A Coruña

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

Ferrol

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Lugo

27015773

IES Muralla Romana

Marín

36015159

IES Chan do Monte

Ourense

32008902

IES A Carballeira-Marcos Valcárcel

Ribeira

15027711

IES Leliadoura

Santiago de Compostela

15021482

IES San Clemente

Vigo

36018173

IES de Teis

CM17001

CM Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Fene

15032081

IES de Fene

Lugo

27006528

IES As Mercedes

Marín

36015159

IES Chan do Monte

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

Vigo

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

CM16002

CM Electromecánica de vehículos

Betanzos

15001148

IES As Mariñas

O Barco de Valdeorras

32001725

IES Lauro Olmo

A Cañiza

36015101

IES da Cañiza

O Carballiño

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

Chantada

27003175

IES Val do Asma

A Coruña

15024513

CIFP Someso

Curtis

15022620

IES de Curtis

A Estrada

36002359

IES Antón Losada Diéguez

Fene

15032081

IES de Fene

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

A Guarda

36019244

IES A Sangriña

Lalín

36013758

IES Laxeiro

Lugo

27006528

IES As Mercedes

Monforte de Lemos

27007247

IES Francisco Daviña Rey

Ordes

15027782

IES nº 1

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

Ponteareas

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteceso

15026406

IES de Ponteceso

As Pontes de García Rodríguez

15021767

IES Castro da Uz

Pontevedra

36014489

CIFP A Xunqueira

Ribadavia

32015475

IES de Ribadavia

Ribadeo

27020793

CIFP Porta da Auga

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela

Sanxenxo

36019256

IES de Vilalonga

Verín

32013582

IES García-Barbón

Vigo

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

Vilagarcía de Arousa

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilalba

27013326

IES Lois Peña Novo

Viveiro

27013636

IES María Sarmiento