Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)-Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, do servizo para a redacción dos proxectos de melloras no saneamento das parroquias de Padróns, Prado e Pías (Ponteareas) e conexión dos municipios de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas a través da senda fluvial do río Tea.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade ao servizo que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia (antes Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos).

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade cun único criterio de valoración (prezo) e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa de entre os licitadores admitidos ao procedemento de adxudicación, mediante a aplicación do criterio de valoración (prezo máis baixo) establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

2) Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: redacción dos proxectos de melloras no saneamento das parroquias de Padróns, Prado e Pías (Ponteareas) e conexión dos municipios de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas a través da senda fluvial do río Tea.

Número de expediente: AT/185.

CPV (referencia de nomenclatura): 71.311220-9.

Medio e data de publicación de licitación: no perfil do contratante o 18 de abril de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 59.995,00 euros. Importe total: 70.794,10 euros.

Data de adxudicación: 27 de maio de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 59.900,00 euros. Importe total: 70.682,00 euros.

Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2011.

Contratista: Ingeniería Insitu, S.L.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) prevé o seu cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta e cinco por cento (75%), no marco da 2ª convocatoria do Programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, dentro do proxecto Impulso dunha rede intercomunitaria de excelencia ambiental mediante a rehabilitación de ecosistemas fluviais naturais con fins turísticos 0476_AQUATURNAT_1_E. O proxecto contribúe a reducir as disparidades sociais e económicas dentro da Unión Europea. Investimos no seu futuro. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia