Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases específicas e da convocatoria de prazas incluídas na OEP 2011.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 107, do 7 de xuño de 2012, publicouse o texto íntegro das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade con funcionarios de carreira de dúas prazas de administrativo de Administración xeral, por oposición libre, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, e a súa convocatoria, aprobadas por Resolución da Concellaría-Delegada de Réxime Interior nº 223/2012, do 25 de maio de 2012, e o texto íntegro das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade con funcionario de carreira dunha praza de arquitecto/a, por oposición libre, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica superior, e a súa convocatoria, aprobadas por Resolución da Concellaría-Delegada de Réxime Interior nº 224/2012, do 25 de maio de 2012.

Todas as prazas están incluídas na oferta de emprego público do Concello de Pontedeume para 2011.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, cando proceda de acordo coas bases das respectivas convocatorias.

Pontedeume, 12 de xuño de 2012

P.D. (Resolución nº 676/2011; BOP nº 134, do 14 de xullo)
Eugenio Otero González
Concelleiro delegado de Urbanismo e Réxime Interior