Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28764

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de marzo de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Conforme o establecido no artigo 10 da Orde do 14 de marzo de 2012, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, publícase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación das entidades beneficiarias, contía, país de execución do proxecto e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas a través das tres resolucións emitidas polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por competencia delegada en virtude da orde de convocatoria, de conformidade co artigo 3.4 da Orde do 22 de setembro de 2011:

– Resolución do 19 de abril de 2012 pola que se aproba a concesión da subvención á organización Asamblea de Cooperación por la Paz, por importe de setenta mil euros (70.000 €).

– Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se aproba a concesión das subvencións ás organizacións Farmacéuticos Mundi e Fundación Entreculturas Fe y Alegría, por importe total de noventa e nove mil cincocentos corenta euros con noventa céntimos (99.540,90 €).

– Resolución do 15 de xuño de 2012 pola que se aproba a concesión das subvencións ás organizacións Fundación CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos, Solidaridade Internacional de Galicia, Médicos del Mundo e Cruz Vermella, por importe total de cento trinta mil trescentos corenta e dous euros con cincuenta céntimos (130.342,50 €).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

1ª Resolución do 19 de abril de 2012

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Custo total do proxecto

Subvención concedida

PR 811A 2012-1

Asamblea de Cooperación por la Paz

Mellora das capacidades de redución do risco de desastres (RRD) das comunidades de Honduras en Guayacanes; Barrios Blanco, San Antón e Pedro Justo Carrión en San Pedro de Macorís, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.

87.222,81 €

70.000,00 €

ANEXO II

2ª Resolución do 22 de maio de 2012

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Custo total do proxecto

Subvención concedida

PR 811A 2012-4

Farmecéuticos Mundi

Mellora das condicións alimentarias e sociosanitarias da poboación do Distrito de Fafi, noreste de Kenya, con énfase na poboación máis vulnerable (mulleres e menores de 5 anos).

52.967,73 €

49.827,20 €

PR 811A 2012-5

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Programa de atención á poboación refuxiada e solicitante de asilo en Nairobi, Kenya.

64.778,94 €

49.713,70 €

ANEXO III

3ª Resolución do 15 de xuño de 2012

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Custo total do proxecto

Subvención concedida

PR 811A 2012- 6

Fundación CUME para el desarrollo de culturas y pueblos

Axuda humanitaria a familias indíxenas en situación de extrema pobreza, damnificadas polas chuvias torrenciais, inundacións e xeadas en Ccellopampa, Apurimac, Perú.

31.579,00 €

30.000,00 €

PR 811A 2012- 7

Solidaridade Internacional de Galicia

Articulación comunitaria para contribuír á redución do risco de desastres no Distrito de Belle-Anse, Departamento do Sudeste de Haití.

48.034,86 €

32.919,50 €

PR 811A 2012-8

Médicos del Mundo

Prevención, cribaxe e tratamento dos casos de malnutrición na rexión do Sahel, Burkina Faso.

39.391,00 €

37.423,00 €

PR 811A 2012- 9

Cruz Vermella

Axuda humanitaria para os refuxiados burundeses e congoleños dos campos de Kasulu e Nyarugusu en Tanzania.

167.199,00 €

30.000,00 €