Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28770

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de xullo de 2012 pola que se amplía o crédito da Orde do 12 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros para o exercicio 2012, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca, e se modifica a Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas co FEP.

A Orde do 12 de decembro de 2011 (DOG número 245, do 26 de decembro), estableceu, para o ano 2012, a convocatoria de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros.

A devandita orde establece no seu artigo 2 que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta a crise do sector pesqueiro e o esforzo por axustar a capacidade da frota aos recursos mariños dispoñibles, procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas á paralización definitiva na convocatoria do ano 2012.

Por todo o anterior e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2011 en 2.050.000 euros, con cargo á aplicación 16.30.723A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. Esta modificación non dá lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar